Catálogo 1º e 2º Primaria

Nace Saber Facer Contigo Pasaron moitas cousas, algunhas no mundo, outras no voso colexio; todas importantes. Saber Facer segue sendo un referente da vosa práctica educativa , é motivador, é rigoroso, é útil e funciona, mellora a aprendizaxe dos vosos alumnos e alumnas. Sabemos que estades contentos. Por iso, mantemos o proxecto . Gústavos o nome, gústavos a idea que transmite, o modelo de ensinanza-aprendizaxe que o anima, a práctica á que invita. En Santillana/Obradoiro temos presente que un proxecto educativo dinámico esixe prestar atención aos cambios externos e internos, escoitar os protagonistas da educación e tomar decisións. Iso foi o que fixemos. Durante estes anos estivemos preto de vós, escoitámosvos, conversamos, expuxéstesnos interrogantes e aprendemos coas valiosas solucións que proporcionades cada día nas aulas. Como vivimos cada momento como unha posibilidade de mellora, mantemos o proxecto e renovámolo.

RkJQdWJsaXNoZXIy OTA4MjI=