Santillana Proxectos

4 A curiosidade forma parte da esencia do ser humano. Hoxe en día, a neurociencia dinos que, sen esa chispa de curiosidade, é imposible alcanzar unha aprendizaxe duradeira e ser feliz mentres se aprende. E en palabras do neurocientífico Francisco Mora, “ só se aprende aquilo que se ama ”. É propio do ser humano facer e aprender facendo : ideando, reflexionando, planificando, escribindo, pintando, construíndo… A curiosidade e a aprendizaxe activa maniféstanse especialmente cando somos nenos. Hai xa case cen anos, John Dewey, filósofo e pedagogo, pensou a escola como unha comunidade de investigación , un lugar en que se vivisen experiencias educativas motivadoras, interesantes e relevantes que estimulasen o crecemento intelectual e persoal do alumnado.

RkJQdWJsaXNoZXIy OTA4MjI=