Música Tiroliro

Un proxecto adaptado ao horario da materia. A teoría abórdase mediante propostas prácticas; a través delas, o alumnado aprende experimentando e vivindo a música en primeira persoa. Estes coñecementos adquírense con cancións tradicionais de Galicia (panxoliñas, alalás, regueifas...) e cancións orixinais, danzas, audicións activas, narracións, e actividades de creación e interpretación. As gravacións realizáronse coa Orquestra Sinfónica de Bratislava e coa escola de música A Casa do Rock de Santiago de Compostela. Inclúe un método de frauta específico nos cursos de 3.º e 5.º de Primaria, cunha base musical lenta para a aprendizaxe da peza e outra de tempo máis animado para a interpretación final. Ofrece un amplo material audiovisual: Vídeos de danzas e xogos de percusión. Vídeos de instrumentos. Fragmentos de filmes, óperas, etc. A guía do profesorado é completa, precisa e moi práctica. Incorpora unha potente proposta dixital. Claves do proxecto

RkJQdWJsaXNoZXIy OTA4MjI=