Catálogo Oferta Digital
¡Novidade! Novo LibroMedia para a serie Saber Facer Contigo de Primaria con funcionalidades melloradas. O complemento perfecto ao libro de texto LIBROMEDIA Dispoñible para PC (Windows y Linux), MAC, ChromeBook, PDI e tabletas (iOS y Android). O teu libro de sempre en formato dixital, fácil e intuitivo e con numerosos recursos multimedia organizados por unidades. Ferramentas interactivas que che permitirán resaltar contido, subliñar, engadir notas e moito máis! Unha versión para o profesor e outra para o alumno. Accede aos teus LibroMedia desde Aula Virtual ou desde calquera outra plataforma de aprendizaxe. Consulta co teu delegado de Santillana para a súa integración Para os usuarios de e-vocación, acceso directo ao LibroMedia versión profesor desde a biblioteca. Unha navegación fácil e intuitiva desde unha nova interface. Caixón de ferramentas máis accesible: subliñar, debuxar, etc. Elementos multimedia e actividades interactivas integradas nas páxinas do contido a que fan referencia. Con novas ferramentas de personalización máis simples e funcionais. Zoom mellorado en tabletas. Acceso rápido e sinxelo ao banco de recursos dixitais complementarios. Ademais, un buscador por filtros para encontrar recursos de xeito máis áxil. Non perdas o noso videotitorial de LibroMedia en digital.santillana.es
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz