Santillana Proxectos Primaria

4 5. APRENDIZAxE COOPERATIVa Nos proxectos de Santillana altérnanse distintas dinámicas de traballo (individual, en parella, en equipo e en grupo-clase) co fin de que os alumnos e as alumnas enriquezan as súas experiencias de aprendizaxe e desenvolvan a súa capacidade de aprender e de reflexionar individualmente e tamén a capacidade de saber colaborar e traballar en equipo. 2. EDUCAR PARA A VIDA Os proxectos de Santillana propician o desenvolvemento das competencias e intelixencias, e promoven valores individuais e colectivos como o respecto ao medio natural e o respecto aos dereitos humanos e á dignidade das persoas. 1. AS EMOCIÓNS Os proxectos de Santillana parten de situacións de aprendizaxe motivadoras, que provocan o entusiasmo e a curiosidade dos alumnos e das alumnas, e desenvólvense a través da resolución de retos e problemas. Cales son as bases metodolóxicas de ? 4. APRENDER A PENSAR As alumnas e alumnos terán que enfrontarse a tarefas e actividades para as que terán que poñer en marcha as súas capacidades de análise , de síntese e de pensamento creativo . A visualización e a organización do pensamento mediante esquemas e mapas mentais constitúen actividades importantes nos nosos proxectos. 3. APRENDIZAXE ACTIVA: APRENDER FACENDO As e os estudantes aprenderán investigando, debatendo con outros, preguntando, resolvendo problemas, construíndo artefactos… É dicir, realizando accións e produtos reais e significativos.

RkJQdWJsaXNoZXIy OTA4MjI=