Santillana Proxectos Primaria

5 6. INTERDISCIPLINARIEDADe O eixe de cada proxecto parte dunha temática relacionada coas Ciencias da Natureza ou coas Ciencias Sociais , pero dáse entrada a conceptos e procedementos relacionados co resto das materias. 8. ATENCIÓN ÁS DIFERENZAS INDIVIDUAIS Os proxectos de Santillana están concibidos de forma aberta e flexible , de modo que cada alumno e cada alumna poida desenvolvelos de distinta maneira. 10. AVALIACIÓN FORMATIVA Dada a metodoloxía do traballo por proxectos, utilízanse instrumentos de avaliación moi variados: porfolio, rúbricas, escalas de metacognición e cuestionarios. Proporciónanse instrumentos para a autoavaliación do alumnado e para a avaliación do profesorado. 7. APRENDER A APRENDER A autoavaliación é un punto importante dos proxectos Santillana . O alumno ou a alumna reflexionará sobre a súa propia aprendizaxe ao inicio do proxecto, ao terminar cada tarefa e ao finalizar o proxecto, de xeito que poderá aprender dos erros , perderá o medo a equivocarse, e coñecerase mellor a si mesmo, os seus puntos débiles e as súas fortalezas, e desenvolverá a súa intelixencia intrapersoal . 9. USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS E INTERNET O uso de internet e das novas tecnoloxías é oportuno para realizar labores de busca e tratamento da información, aínda que, evidentemente, o profesorado poderá decidir se usar estas fontes, outras alternativas (libros, revistas, etc.) ou combinar os dous tipos.

RkJQdWJsaXNoZXIy OTA4MjI=