Saber Facer contigo 5.º Primaria

Rutinas, destrezas e estratexias de pensamento Para que as alumnas e alumnos aprendan a controlar o seu pensamento e sexan máis eficaces á hora de adquirir novos coñecementos, e de aplicalos na resolución de problemas. Actividades Para traballar o desenvolvemento do pensamento en todas as áreas. Contarás Como empezou a Idade Moderna? Unha época de cambios A finais do século XV producíronse unha serie de cambios que transformaron o mundo. • Os reis fixéronse máis poderosos. Ampliaron os seus dominios e isto provocou frecuentes gue- rras cos reinos veciños. (1) • Houbo avances na navegación. O uso do com- pás , a elaboración de mapas máis precisos e a aparición de barcos máis seguros, como a cara- bela , permitiron aos europeos realizar grandes exploracións marítimas. Así descubriron terras antes descoñecidas para eles. • Xurdiu unha nova forma de comprender o mundo chamada humanismo. Se na Idade Me- dia todo xiraba arredor de deus, a partir do sécu- lo XV o ser humano converteuse no centro da cul- tura e da ciencia. As novas ideas expandíronse grazas á invención da imprenta . (2) A economía O comercio e a artesanía desenvolvéronse máis ca en épocas anteriores, porque os descubrimentos xeográficos favoreceron os intercambios e amplia- ron as rutas comerciais. Con todo, a maioría da poboación seguía sendo campesiña e a base da economía era a agricultura. As técnicas de cultivo eran sinxelas e as colleitas dependían do tempo que houbese. Con frecuencia, producíanse secas ou inundacións que arruinaban os cultivos. P E N S A M E N T O VEXO-PENSO-PREGÚNTOME Observa este mapa realizado no século XVI . Que ves? Que pensas? Que preguntas te fas? 2. Johannes Gutenberg perfeccionou a imprenta cara a 1440. Isto permitiu publicar máis libros en menos tempo, porque xa non había que copialos manualmente. 1. Os banqueiros adquiriron moita importancia nesta época, porque lles prestaban aos reis o diñeiro que necesitaban para as guerras. 130 os cultivos. P E N S A M E N T O VEXO-PENSO-PREGÚNTOME Observa este mapa realizado no século XVI . Que ves? Que pensas? Que preguntas te fas? 130 Actividades para traballar o pensamento Identifica as actividades en que hai que exercitar a capacidade de reflexión para tirar conclusións. 11

RkJQdWJsaXNoZXIy OTA4MjI=