Saber Facer contigo 5.º Primaria
Habilidades de comunicación A sociedade do século XXI require persoas capaces de comunicarse con distintas linguaxes (código lingüístico, código matemático, código visual...). Por iso, Saber Facer Contigo céntrase, especialmente, no desenvolvemento das habilidades de comunicación. Tempo para... Seccións comúns nos libros de todas as materias: – Tempo para ler. – Tempo para falar. – Tempo para escribir. Contarás TEMPO PARA LER Clara Peeters, unha pintora para descubrir O misterio rodea a Clara Peeters. Dela sabemos poucas cousas: que viviu no século XVII , na cida- de belga de Amberes. Pero o que si sabemos é que foi unha das poucas mulleres da súa época que puideron dedicarse á pintura , desafiandoasdificultadeseosprexuízos sociais daqueles anos. Ela especializouse na pintura de bodegóns. Un bodegónéunhacomposicióndedistintosobxec- tos inanimados,como froitas,verduras, recipien- tes e utensilios para comer... E Clara organizaba todos eses obxectos cun equilibrio e unha har- monía inigualables! (1) Pero, ademais, nos seus cadros deixounos pistas de distinto tipo. Por un lado, pistas que nos axu- dan a imaxinar como era a vida no século XVII : que produtos comían e que utensilios utilizaban. De feito, nos seus cadros hai obxectos exóticos, como a porcelana, que procedía de China; ali- mentos que se utilizaban para comerciar, como o queixo,eprodutosmoiprezados,comoosal,que seusabaparaconservarosalimentosnunhaépo- ca en que aínda non existían os frigoríficos. Clara tamén dexou pistas nas súas obras para que descubrísemos quen era. Elaestabamoiorgullosadoseu traballoepor iso quixo plasmar o seu rastro nel, aínda que de xei- todiscreto.Así,escribiuoseunomenosmangos dos coitelos, debuxou pans con forma de P, a ini- cial do seu apelido; e retratouse, coma se fose un selfie , en xerras e obxectos de metal. (2) Ah!, e outra cosa máis. Clara Peeters converteu- se en 2016 na primera muller á que o Museo do Prado dedicou unha exposición individual. 1 TEMPO PARA ESCRIBIR. Quen foi Clara Peeters? A que se dedicou? En que século? 2 En que estilo artístico clasificarías a Clara Peeters: gótico, renacentista ou barroco? Por que? 3 Imaxina que tes que agochar algo que te identifique no cadro de Clara Peeters. • Pensa no elemento que agocharías: o teu retrato, o teu nome, as túas iniciais, un símbolo que te represente... • Fai un esquema do cadro de Clara e agocha ese elemento onde consideres. • Despois, móstralle o boceto ao teu compañeiro ou compañeira para que te localice. 1. Mesa conmantel, saleiro, cuncadourada,pastel, xerra,pratodeporcelana con olivas e aves asadas , deClaraPeeters, realizada cara a 1611 . 2. Detalles endistintas obrasdeClaraPeeters . 144 Tempo para... Tempo para falar • Onde se encontran estas persoas? Que están facendo? • Visitaches algunha vez este lugar? Cando? Con quen fuches? Se non o fixeches, gustaríache coñecelo? Por que? • Fíxate na obra de arte principal. Viches antes este cadro nalgún outro sitio? Sabes quen o pintou? • Coñeces os personaxes do cadro? Hai algún que che chame a atención? Por que? • Observa como van vestidas as mulleres retratadas na pintura. En que século cres que viviron? Por que o pensas? Que sabes xa? • Que séculos abrangue a Idade Moderna? Lembras que etapa da Historia sucedeu antes desta? E cal despois? • Con que feito histórico se iniciou a Idade Moderna? Con que acontecemento se puxo fin a este período da Historia? • Sabes quen foi Cristovo Colón? Que datos da súa vida coñeces? A que continente chegou en 1492? • Coñeces algún descubrimento ou algún invento que tivesen lugar entre os séculos XVI e XVIII ? E algún personaxe que vivise nesta época? 8 Viaxamos á Idade Moderna MuseoNacionaldelPrado (Madrid). 129 12
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy OTA4MjI=