Educación Primaria 3º / 4º

Máis tempo para ler Normas para visitar as Fragas do Eume O parque natural das Fragas do Eume está na provincia da Coruña e ten unha gran riqueza de plantas, árbores e ani­ mais. Hai que coidalo entre todas e todos! Axúdanos a conservalo seguindo estas normas. 1. Deposita o lixo no colector máis próximo. Se non ato­ pas ningún, leva o lixo para a casa nunha bolsa. 2. Non prendas lume, agás nos lugares permitidos e coa autorización requirida. 3. Camiña polos sendeiros de­ limitados por seguridade e para asegurar a conserva­ ción do lugar. 4. Non berres nin fagas ruídos: o parque é un lugar para gozar da tranquilidade e, ademais, poderías estorbar os animais que viven nel. 5. Non molestes os animais nin leves minerais nin plan­ tas. Goza contemplándoos ou saca unha fotografía como recordo. 6. Non acampes se non é lu­ gar autorizado para facelo. 7. Non utilices vehículos de motor por dentro do par­ que: goza do silencio. 8. Avisa da visita con antelación se formas parte dun grupo de máis de 15 persoas. EMOCIÓNS Expreso os meus sentimentos. Como te sentes cando ves algunha paisaxe moi bonita chea de lixo e sucidade? Imaxina que atopas a alguén durante a visita ao parque que vai co móbil e coa música alta. Que lle dirías? 56 Máis tempo para ler Normas para visitar as Fragas do Eume O parque natural das Fragas do Eume está na provincia da Coruña e ten unha gran riqueza de plantas, árbores e ani­ mais. Hai que coidalo entre todas e todos! Axúdanos a conservalo seguindo estas normas. 1. Deposita o lixo no colector máis próximo. Se non ato­ pas ningún, leva o lixo para a casa nunha bolsa. 2. Non prendas lume, agás nos lugares permitidos e coa autorización requirida. 3. Camiña polos sendeiros de­ limitados por seguridade e para asegurar a conserva­ ción do lugar. 4. Non berres nin fagas ruídos: o parque é un lugar para gozar da tranquilidade e, ademais, poderías estorbar os animais que viven nel. 5. Non molestes os animais nin leves minerais nin plan­ tas. Goza contemplándoos ou saca unha fotografía como recordo. 6. Non acampes se non é lu­ gar autorizado para facelo. 7. Non utilices vehículos de motor por dentro do par­ que: goza do silencio. 8. Avisa da visita con antelación se formas parte dun grupo de máis de 15 persoas. EMOCIÓNS Expreso os meus sentimentos. Como te sentes cando ves algunha paisaxe moi bonita chea de lixo e sucidade? Imaxina que atopas a alguén durante a visita ao parque que vai co móbil e coa música alta. Que lle dirías? 56 O mundo está en constante cambio. Sabes que transmitir coñecementos ao teu alumnado é moi importante, pero que, sobre todo, debes educar as nenas e nenos para que desenvolvan determinadas habilidades, que farán que, cando cheguen á idade adulta, sexan persoas: – Con intelixencia emocional , a educación das emocións é unha eza clave no desenvolve- mento integral das nenas e nenos. Consiste en identificar as nosas emocións e as alleas, regular as emocións propias, desenvolver a empatía... Tamén é fundamental harmonizar emoción e pensamento. – Creativas , capaces de achegar novas solucións. Creatividade significa ter imaxinación e ser quen de dar respostas orixinais aos problemas, de facer fronte a situacións inesperadas, de adaptarse a distintos contextos. Desenvolvemento da creatividade e das emocións Actividades Para traballar a creatividade e a intelixencia emocional en todas as áreas. Contarás Actividades para traballar a intelixencia emocional Actividades para traballar a creatividade A maxia da orde A xaponesa Marie Kondo escribiu un libro titulado A maxia da orde , que se converteu nun éxito de vendas. Toda a xente quere ter un cuarto ordenado porque os fai sentirse ben. Axudámosvos a poñer orde nos vosos cuartos en cinco pasos? Materiais necesarios • 3 bolsas de lixo grandes • Caixas de cartón de zapatos ou máis grandes Pasos para facelo En primeiro lugar, sacade todo fóra e tirade os obxectos inservibles. Para iso é importante que teñades á man tres bolsas grandes: unha para tirar papel e cartón; outra, para envases de plástico; e unha última, para obxectos varios. Despois, clasificade os obxectos que quedan por categorías: roupa, libros e xoguetes. No caso da roupa, colocádea por categorías: partes de abaixo, partes de arriba, roupa de abrigo… A roupa interior ou as camisetas, que van en caixóns, hai que dobrala ben ata que quede un rectángulo que se aguante plantado dentro do caixón. É importante que non amontoedes a roupa porque non veredes nada. A continuación, é a quenda dos libros. Colocádeos nos estantes clasificados por temas ou utilidades. Por exemplo, libros de lectura, libros de consulta… Por último, organizade os xoguetes nas caixas que collestes. Metédeos por categorías: xogos de mesa, peluches, xogos de traballos manuais… Decoro as caixas para ordenar. Colle as caixas que vas utilizar para clasificar as cousas e decóraas empregando algunha destas técnicas: – Fórraas con papeis de regalos. – Píntaas con témperas. – Fai un colaxe con debuxos recortados. CREATIVIDADE Máis tempo para ler 188 10

RkJQdWJsaXNoZXIy OTA4MjI=