Educación Primaria 3º / 4º

Láminas de Visual thinking 01/08 04/08 Actividades para traballar o pensamento 2 Asustámonos un pouco. A mestra tranquilizounos, apartou unhas pólas e comprendemos todo. Era unha fervenza! Estaba nun lugar precioso. Tamén había unha fonte de auga potable e uns bebedoiros baleiros. Facendo viaxes coas cantimploras, enchemos un. Á mestra pareceulle boa idea; dixo que así os animais poderían beber sen medo de caer no río. –Vistes canta auga xuntastes? Hai abonda para ducharse! Para que vos fagades unha idea, é a que cómpre para elaborar un só litro de refresco. –Unha ducha é igual a un refresco? Que trola! –Non é mentira, Marta! –corrixiume–. Para fabricar produtos, consómese moita auga. Para facer un coche, poñamos por caso, precísase tanta coma a que cae na fervenza. Que rabia! A natureza ten que traballar moito para volver limpar a auga que contaminan as fábricas, seino! Pero a min gustaríame que miña nai mercase outro coche! A mestra quíxome devolver o refresco. Pero díxenlle que quedase con el. Decidín que vou aforrar auga, así miña nai poderá cambiar a súa tartana! Como llo regalei, a mestra destapou o refresco e repartiunos un pouco a cada un. –Os refrescos son bos... –dixo cun sorriso– para ocasións especiais! E agora teño unha dúbida... Se quero un coche novo, podereime duchar? Só en ocasións especiais, supoño. ESPIÑA CAUSA - EFECTO Pensa e responde as preguntas. Ademais de abrir a billa, que outras accións fan gastar auga? Que relación hai entre a auga e o coche novo que quere Marta? Cando queres mercar algo, pensas se é realmente necesario ou mércalo só por capricho? tartana: vehículo de cabalos antigo. Hoxe esta palabra úsase para referirse a un coche que quedou anticuado. ás leguas: de maneira moi clara, evidente. requisoume: quitoume. estragada: que non funciona ben. bebedoiros: lugares onde os animais teñen auga para beber. PENSAMENTO 33 Tempo para ler Auga clara! Hoxe tivéronnos que levar en coche porque iamos de excursión. A min deume moita vergoña porque miña nai ten unha tartana do ano da polca! A mestra preguntou se levabamos auga. E eu díxenlle que si, que collera un refresco. –Refresco non! Téñovolo dito mil veces! A mestra é unha esaxerada, porque nolo dixo como máximo unhas trescentas veces, pero mil non. –Debemos camiñar –continuou toda seria–. Imos ter que beber auga. –É que... –xustifiqueime–, eu só bebo refresco. –Marta..., estás segura de que iso é verdade? –pilloume–. Cheiro as mentiras ás leguas. Requisoume o refresco, queixeime, deume unha cantimplora con auga e díxonos que a seguísemos. –A aventura está a punto de comezar! –exclamou daquela moi contenta. Normal que estivese contenta: ela tiña laranxada e nós auga! As plantas eran verdes coma na selva, tan mestas que case non podiamos pasar. Nun punto, comezamos a oír un ruído coma de radio estragada. Pouco e pouco volveuse tan forte que non oïamos nin os paxaros. DIFICULTADES DE LECTURA Cando lemos en voz alta, convén facelo sen soletrear, é dicir, sen marcar con diversos golpes de voz as partes das palabras. Así, evitaremos romper o ritmo da lectura e facilitaremos a comprensión. Le o texto en voz baixa e, se soletreas nalgunha palabra, pronúnciaa varias veces ata que deixes de facelo. 32 2 Asustámonos un pouco. A mestra tranquilizounos, apartou unhas pólas e comprendemos todo. Era unha fervenza! Estaba nun lugar precioso. Tamén había unha fonte de auga potable e uns bebedoiros baleiros. Facendo viaxes coas cantimploras, enchemos un. Á mestra pareceulle boa idea; dixo que así os animais poderían beber sen medo de caer no río. –Vistes canta auga xuntastes? Hai abonda para ducharse! Para que vos fagades unha idea, é a que cómpre para elaborar un só litro de refresco. –Unha ducha é igual a un refresco? Que trola! –Non é mentira, Marta! –corrixiume–. Para fabricar produtos, consómese moita auga. Para facer un coche, poñamos por caso, precísase tanta coma a que cae na fervenza. Que rabia! A natureza ten que traballar moito para volver limpar a auga que contaminan as fábricas, seino! Pero a min gustaríame que miña nai mercase outro coche! A mestra quíxome devolver o refresco. Pero díxenlle que quedase con el. Decidín que vou aforrar auga, así miña nai poderá cambiar a súa tartana! Como llo regalei, a mestra destapou o refresco e repartiunos un pouco a cada un. –Os refrescos son bos... –dixo cun sorriso– para ocasións especiais! E agora teño unha dúbida... Se quero un coche novo, podereime duchar? Só en ocasións especiais, supoño. ESPIÑA CAUSA - EFECTO Pensa e responde as preguntas. Ademais de abrir a billa, que outras accións fan gastar auga? Que relación hai entre a auga e o coche novo que quere Marta? Cando queres mercar algo, pensas se é realmente necesario ou mércalo só por capricho? tartana: vehículo de cabalos antigo. Hoxe esta palabra úsase para referirse a un coche que quedou anticuado. ás leguas: de maneira moi clara, evidente. requisoume: quitoume. estragada: que non funciona ben. bebedoiros: lugares onde os animais teñen auga para beber. PENSAMENTO 33 Rutinas, destrezas e estratexias de pensamento Para que as alumnas e alumnos aprendan a controlar o seu pensamento e sexan máis eficaces á hora de adquirir novos coñecementos, e de aplicalos na resolución de problemas. Actividades Para traballar o desenvolvemento do pensamento en todas as áreas. Visual thinking Atril con mapas mentais e con esquemas dos contidos principais de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais. Contarás 11

RkJQdWJsaXNoZXIy OTA4MjI=