Educación Primaria 3º / 4º

1 Indica cal é a forma correcta de partir cada palabra. dalgunha dalgun-ha dalgu-nha fiestra fies-tra fi-estra cartolina cart-olina carto-lina 2 Completa a palabra que está ao final da liña coa opción correcta en cada caso. Despois, copia as oracións enteiras. dros rtas efa xeta raugueiro rchís Brais mercou un pa- antigo. Mariña gardou a tar- na mochila. No museo vimos ca- moi fermosos. 3 Por que non son correctas estas particións de palabras? Le e responde. banq-ueta para-ugas parar-raios astrona-uta A partición de palabras Cando unha palabra non cabe enteira ao final da liña, témola que partir. Para indicar que a palabra partida continúa na liña seguinte, colocamos un guión ( - ). Exemplo Sara ía vesti - cun impermeable vermello . Lembra que as vogais dun ditongo pertencen á mesma sílaba e, por tanto, non se poden separar ao final da liña. Tampouco se poden separar os dígrafos ch , gu , ll , nh , qu e rr . 88 Tempo para escribir mellor Chuvia de animais Os ingleses, uns grandes expertos en chuvia, cando chove moitísimo din «It’s raining cats and dogs» (’choven gatos e cans’). Aínda que parece imposible ver gatos e cans caendo do ceo, ao longo da historia déronse algúns casos de chuvia de animais. Así, por exemplo, en 2008, os habitantes de Benigánim (no Val de Albaida, na Comunidade Valenciana) foron testemuñas dunha chuvia de peixes e ras. Un ano antes, no Rebolledo (en Alacant) tamén viron chover ras pequeniñas. Que é a chuvia de animais? A chuvia de animais é un fenómeno meteorolóxico que consiste na caída do ceo de moitos animais, normalmente dunha soa especie. Como se explica de xeito científico a chuvia de animais? Os científicos cren que estas chuvias de animais están precedidas por tornados ou furacáns, que transportan os animais ata grandes alturas e despois os soltan ao chan. Nalgúns casos, os tornados poden levar un estanque e todos os animaos que o habitan e despois deixar caer máis lonxe a auga e a fauna do estanque en forma de chuvia. Algunhas veces, os animais sobreviven á viaxe e caen vivos. Outras veces quedan conxelados polas baixas temperaturas, como a chuvia de luras conxeladas que ocorreu en Corea en 1997. LIÑA DO TEMPO Fai unha liña do tempo con casos de chuvia de animais. Subliña os tres casos de chuvia de animais e arrodea a data en que sucederon. Calcula os anos que pasan desde o caso máis antigo ata o máis recente. Fai unha liña, cunha regra, onde cada centímetro represente un ano. Marca os anos correspondentes ás chuvias de animais e escribe o lugar onde ocorreron e os animais que caeron. Máis tempo para ler PENSAMENTO 90 Habilidades de comunicación A sociedade do século xxi require persoas capaces de comunicarse con distintas linguaxes (código lingüístico, código matemático, código visual...). Por iso, Saber Facer Contigo céntrase, especialmente, no desenvolvemento das habilidades de comunicación. Tempo para... Seccións comúns nos libros de todas as materias: – Tempo para ler. – Tempo para falar. – Tempo para escribir. Contarás Tempo para... Falamos? 1 Describe como pensas que se senten os rapaces e as rapazas da foto e compara os seus sentimentos cos teus. 2 Explica as vantaxes e os inconvenientes de comezar as clases. Que fas nas vacacións que non podes facer agora? Que fas agora que non podes facer durante as vacacións? 3 Presenta o compañeiro ou a compañeira. Non esquezas ningún destes datos: Como se chama. Onde vive. Cantos anos ten. Que lle gusta facer. Comezamos 9 12

RkJQdWJsaXNoZXIy OTA4MjI=