Educación Primaria 3º / 4º
Aprendizaxe cooperativa A capacidade de cooperar, de traballar con outras persoas de maneira conxunta para alcanzar un obxectivo común, é unha das habilidades imprescindibles no século xxi . Actividades Que requiren xuntarse en parellas ou en pequeno grupo para incorporar as dinámicas cooperativas no día a día, de xeito natural e sinxelo. Cooperamos Tres propostas cooperativas de fin de trimestre en cada materia , en que se pon en práctica unha técnica cooperativa concreta. Contarás Elaborar un cartel Un cartel é un texto, xeralmente acompañado de imaxes, que informa sobre algo ou anuncia algunha cousa. Nesta unidade vas elaborar un cartel para animar a xente a aforrar auga. Comezamos? PREPARA O TEU TRABALLO 1 Observa como se malgasta a auga en cada imaxe e escribe unha recomendación para evitalo. Podes escribila en positivo ( pecha... ) ou en negativo ( non regues... ). 2 Elixe un destes slogans ou inventa outro para o teu cartel. A AUGA É UN TESOURO. NON A MALGASTES! AFORRAR AUGA É COUSA DE TODOS. COLABORA! DEMOSTRA QUE O SABES FACER 3 USA AS TIC. Elabora o cartel co ordenador seguindo as indicacións. • Escribe o slogan do teu cartel en letras grandes e vistosas. • Escribe as recomendacións unha a unha de xeito claro e ordenado. • Engade debuxos e fotos axeitadas coa mensaxe do cartel. 4 Pídelle a un compañeiro ou compañeira que revise o teu cartel e que che suxira un modo de melloralo. 2 SABER FACER Escritura A C B A AUGA É UN TESOURO. NON A MALGASTES! 43 COOPERAMOS Facemos un esquema visual 1. Organizámonos en grupos de catro. 2. Lemos, de xeito individual e con moita atención, as seguintes palabras e escollemos unha cada un. 3. De xeito individual, lemos o seguinte texto prestando atención á palabra que elixamos para entender o significado e poder explicalo. O xogo das palabras Unha chea de relatos Todos os relatos populares que lemos ou que nos contan non son sempre iguais. Cambian as historias, pero tamén os tipos de personaxes que participan. Queres descubrilos? Hai algúns relatos que se sitúan en tempos moi antigos e queren explicar feitos da historia dos pobos, como as lendas e os mitos. As lendas son narracións en que atopamos personaxes reais, reis ou cabaleiros que viviron hai milleiros de anos, xuntamente con personaxes fantásticos (dragóns que botan lume ou bruxas…). En cambio, os mitos teñen como personaxes principais deuses da antiga Grecia e Roma. Outros tipos de relatos, como as fábulas e os contos populares, intentan transmitirnos unha ensinanza que nos sirva para a nosa vida cotiá. Se todos os personaxes son animais, estamos diante dunha fábula . En cambio, se os personaxes son habitantes dunha localidade, con oficios tradicionais, como ferreiro, carpinteiro, labrega…, trátase dun conto popular . Cales destas historias vos gustan máis? Coñecedes algunhas? 4. Explicamos, de xeito individual, o que significa a palabra escollida. A orde das explicacións pode seguir a orde alfabética das palabras. Así, comezará a explicar quen teña a palabra conto popular . LENDA CONTO POPULAR MITO FÁBULA 76 Cooperamos Actividades Esta icona sinala as actividades en que se suxire traballar por parellas. Esta icona sinala as actividades e as tarefas pensadas para traballar en equipo. 13
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy OTA4MjI=