Lingua +

Claves do proxecto Centrarse na adquisición das destrezas lingüísticas básicas (falar, escoitar, ler e escribir), poñendo ao servizo da comunicación os contidos de carácter máis conceptual. Conectar coa realidade das alumnas e dos alumnos cun proxecto de carácter práctico e competencial, que favorece o traballo cooperativo e que lles permite comprender a utilidade do que aprenden. Dar resposta á demanda dunha nova metodoloxía para a ensinanza da Lingua, onde os alumnos e as alumnas sexan os protagonistas da súa aprendizaxe. Propoñer un traballo dinámico , en que se foxe de esquemas fixos para sorprender o alumnado, con tarefas que combinan o traballo oral e o escrito, o individual e o colectivo. Ofrecer un material aberto e flexible , organizado por bloques correspondentes ás distintas destrezas lingüísticas, que lle permita ao profesorado programar libremente en función das necesidades do seu grupo.

RkJQdWJsaXNoZXIy OTA4MjI=