Música Primaria

< 4 > Contribucións á neuroeducación As investigacións máis recentes sobre o cerebro humano continúan provocando o noso asombro ante a enorme plasticidade e complexidade dun órgano que nos diferenza coma especie e que, á vez, fai único cada individuo. No ámbito educativo, as neurociencias comprobaron o que moitos docentes xa constatamos no noso día a día nas aulas: que a motivación, a atención e a memoria son mecanismos básicos nos procesos de aprendizaxe. Tamén achegaron valiosísimas informacións sobre a maneira en que se activan eses mecanismos. Para comezar, establecen que as percepcións e os estímulos a que estamos expostos son tantos que o noso cerebro constrúe modelos para organizar a información dunha maneira máis eficiente. É dicir, que o noso coñecemento consiste en construuír representacións selectivas sobre o mundo. E que soamente aprendemos o que o noso cerebro considera relevante. Neste sentido, os científicos falan de tres ingredientes esenciais para que o noso cerebro considere importante unha determinada información. • A sorpresa . A nosa atención actívase perante o inesperado, tanto se se trata de algo agradable coma desagradable. E canto máis imprevisto sexa o estímulo, máis intensa é a actividade das neuronas que provocan a excitación e a atención do receptor. Por iso, o factor sorpresa é un elemento clave para deixar unha pegada profunda no cerebro. • A emoción . É un elemento esencial tanto para quen ensina coma para quen aprende. E é que o sistema límbico ou cerebro emocional é o que primeiro recibe a información captada polos sentidos e o que a transmite ao córtex cerebral, encargado dos procesos cognitivos. No sistema límbico encóntrase a amígdala, unha das partes máis primitivas do cerebro, que se activa ante situacións que considera importantes para a supervivencia. Por iso, o filtro emocional determina a relevancia dunha aprendizaxe e contribúe a que este se consolide de maneira eficiente. • O movemento . O cerebro necesita actividade física para o seu correcto funcionamento. O movemento dos músculos, por unha parte, facilita a circulación do oxígeno e do sangre e, por outra, xera determinadas proteínas que favorecen a plasticidade do cerebro (é dicir, a produción de novas conexións e circuítos neuronais). Ademais, as actividades cardiovasculares poñen en marcha a produción de endorfinas, que activan as neuronas relacionadas coa sensación de benestar e de pracer, necesarias para a concentración e a atención no momento da aprendizaxe. Quizás o movemento e a expresión corporal sexan algúns dos aspectos menos coidados pola educación tradicional e, con todo, cruciais para o desenvolvemento infantil. É por iso acuciante incorporalos de forma sistemática á aprendizaxe de calquera disciplina. Na materia de Música, o baile brinda unha excelente oportunidade para incluílos. A mateira de Música e… I. A neurociencia < 6 > Guí did ctic con: Suxestións did ctic s. rtitur s. Fotocopi es trimestr is ( v i ción, re orzo e mp i ción). Un proxecto p r o N d e outro p r n de curso. So ucion rio do i ro, do c derno e d s v i cións. Sección so re m teri de Músic e... – A neurocienci . – As inte ixenci s mú tip es. – A educ ción emocion . esc r e en e-voc cion.es : Audicións e vídeos de instrumentos, d nz s e xo os de percusión. Fr mentos de mes, óper , etc. Musical Vincúlase co desenvolvemento dalgunhas áreas cerebrais específicas, coma o lóbulo temporal dereito, particularmente relacionado coa percepción, a audición e a sensibilidade auditiva. As actividades de discriminación de sons con diferentes timbres e calidades; a escoita activa de pezas de diferentes estilos e agrupacións, e a interpretación de cancións e pezas instrumentais inciden directamente no seu desenvolvemento. O doce te do século xxi enfróntase a un imp rtante reto: conectar coa maneira de aprender dos seus alumnos e alumnas. As últimas investigacións en neuroloxía, psicoloxía e educación deixan constancia de que non existe unha única maneira de aprender, pois a intelixencia humana non se reduce a un só tipo de razoamento, senón que conta con múltiples facetas. Algunhas pasaron desapercibidas ou non foro o sufici ntemente valorada n ámbito educativo tradicional. Con todo, hoxe sabemos que son esenciais no des volvemento de cada individu e no seu desenvolvemento no mundo. O psicólogo e investigador estadounidense Howard Gardner define a intelixencia coma a capacidade para resolver problemas diversos e facer produtos valorados por unha sociedade, e insiste na diversidade de formas en que esa capacidade se manifesta en cada cultura e individuo. Neste contexto, a súa teoría sobre as intelixencias múltiples constitúe un excelente marco de referencia para a observación e avaliación das capacidades cognitivas infantís. A comprensión dos distintos tipos de intelixencia ou maneiras de aprender ofrécelle ao docente a oportunidade de detectar as capacidades máis desenvoltas en cada alumno e alumna, r forzar a súa autoconfianza e, finalmente, axudar a tender pontes cara aqueles coñecementos que lles supoñan maiores dificultades. E é que no momento en que un individuo chegue a expresarse de acordo ás súas intelixencias, se sinta valorado polas súas achegas e sexa capaz de ampliar os seus ámbitos de aprendizaxe, daquela, estará en disposición de crear libremente! Estas son algunhas das implicacións da aprendizaxe da música no desenvolvemento de cada tipo de intelixencia e como se traballan concretamente no noso material: A materia de Música e... II. As int lixencias múltiples Lingüístico-verbal O desenvolvemento desta intelixencia relaciónase coa área de Broca, de Wernicke e a rexión frontal do cerebro, que son as principais responsables da comprensión lingüística, a elaboración gramatical e a linguaxe. As cancións, rimas e recitados amplían o vocabulario do alumnado, mentres que a comunicación non verbal trabállase coa interpretación de acompañamentos xestuais, danzas e dramatizacións. < 8 > A afectividade impregna toda a nosa vida, ata o punto de que é determinante nos diferentes procesos cognitivos, coma a aprendizaxe e a memoria. A fin de contas, enfrontamos o mundo desde as nosas emocións: a alegría, o medo ou o noxo impúlsannos ou retráennos, fannos evitar o que percibimos como perigoso ou desagradable. E é que os fenómenos afectivos póñennos en alerta e marcannos unha dirección, moito antes de que entre en xogo o noso xuízo. O ser humano necesita un longo período de maduración (o máis prolongado de todas as especies) ata adquirir os coñecementos e as habilidades necesarios para vivir con autonomía. Inicialmente, o instinto axúdanos a facer fronte a situacións vitais, pero moi pronto deixa de ser suficiente e entran en xogo a educación e os procesos de socialización. Nese senso, as emocións teñen un impacto directo en cada individuo. Desde principios da década de 1990, o neurocientífico António Damásio dedicouse a investigar os ingredientes que configuran as bases neurolóxicas da mente humana. Entre outros achados, demostrou que as emocións están presentes nos procesos de regulación da vida de case todas as especies animais, pero que a particularidade dos seres humanos reside en que conectamos estes procesos emocionais con outros intelectuais, de tal forma que creamos un mundo novo ao noso arredor. A medida que imos crecendo, podemos ir identificando en nós afectos que perduran no tempo (como o estado de ánimo, os sentimentos ou o noso carácter…) e outros pasaxeiros, e a miúdo involuntarios, que adoitamos chamar «emocións». Este proceso de autoconciencia sobre os nosos estados emocionais é crucial no noso desenvolvemento. O psicólogo Daniel Goleman popularizou h máis de dúas décadas a expresión «intelixencia emocional» para referirse o conxunto de habilidades que nos permiten estar en contacto con nós mesmos e ser conscientes dos nosos estados emocionais co fin de xestionalos de forma axeitada. Este tipo de intelixencia está directamente relacionada coa nosa capacidade de entender o que sentimos, de orientarnos cara ás nosas metas, de conectarnos e de comunicarnos cos demais. E é que as persoas que saben recoñecer e xestionar as súas emocións e as dos que os arrodean están mellor equipadas para se enfrontar ás dificultades da vida e teñen maior facilidade para conectar e empatizar cos outros. En definitiva, son persoas con máis posibilidades de ser felices e de vivir en harmonía cos demais. Estas habilidades, fundamentais para o desenvolvemento dun individuo san, adquírense e exercítanse ao longo de toda a vida, aínda que resulta especialmente importante traballalas durante a infancia. A pesar diso, o seu tratamento continúa sendo unha materia pendente no currículo académico. Ensinarlles aos alumnos e alumnas a lidiar coas súas emocións, especialmente con aquelas perturbadoras e negativas que dificultan os procesos de aprendizaxe, supón combater desde a raíz os problemas de violencia, integración e abandono escolar presentes no noso A materia de Música e... III. A educación emocional < 10 > < 100 > Nome: Data: Avaliación 3 E¬scribe unha serie con negra∫, parella∫ de corchea∫ e silencio de negra. 2 E¬scoita e rodea quen son o∫ que cantan. 4.5 Material fotocopiable © 2019 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. 1 ©ompleta. 2 1 dó fa la 3 TRIMESTRE < 101 > Material fotocopiable © 2019 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. 5 M¬arca a∫ fase∫ da respiración. Inspirar o aire polo nariz. Sƒoprar fortemente. R¬eter o aire. E¬ntoar unha nota. E¬xpulsar o aire pola boca. 4 ©ompleta. 3 TRIMESTRE < 103 > Nome: Data: Ficha de reforzo Material fotocopiable © 2019 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. 1 Numera a∫ fase∫ da respiración. E¬xpulsar o aire pola boca. Inspirar aire polo nariz. R¬eter o aire no estómago. dó la fa re mi sol si 2 ©ompleta. Ficha de reforzo Nome: Data: < 102 > 3 TRIMESTRE Material fotocopiable © 2019 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L. 1 ©omo soan? E¬scribe. 2 Une. güiro clave∫ axóuxere∫ triángulo pandeiro M teri do pro esor do 6 MÚSICA Primaria 6 Primaria MÚSICA Tiroliro GUÍA DO PROFESORADO GUÍA DO PROFESORADO ES0000000136610 179622_Guia_Musica_Tiroliro_6_OBR_104677 ES0000000136610 179622_Guia_Musica_Tiroliro_6_OBR_104677.indd 1 26/10/2020 13:33:15 5 Primaria 5 Primaria MÚSICA GUÍA DO PROFESORADO MÚSICA Tiroliro GUÍA DO PROFESORADO ES0000000118833 122189_Guia_Musica_Acordes_5_OBR_94572 ES0000000118833 122189_Guia_Musica_Acordes_5_OBR_94572.indd 1 29/11/2019 13:18:12 MÚSICA Primaria 4 Primaria MÚSICA Tiroliro GUÍA DO PROFESORADO 4 GUÍA DO PROFESORADO ES0000000136605 179578_Guia_Musica_Tiroliro_4_OBR_104679 ES0000000136605 179578_Guia_Musica_Tiroliro_4_OBR_104679.indd 1 26/10/2020 13:19:15 3 Primaria GUÍA DO PROFESORADO 3 Primaria MÚSICA GUÍA DO PROFESORADO MÚSICA Tiroliro ES0000000118817 122119_Guia_Musica_Acordes_3_OBR_94569 ES0000000118817 122119_Guia_Musica_Acordes_3_OBR_94569.indd 1 29/11/2019 13:21:13 MÚSICA Primaria 2 Primaria MÚSICA Tiroliro GUÍA DO PROFESORADO GUÍA DO PROFESORADO ES0000000136599 179530_Guia_Musica_Tiroliro_2_OBR_104681 ES0000000136599 179530_Guia_Musica_Tiroliro_2_OBR_104681.indd 1 26/10/2020 13:18:14 MÚSICA 1 Primaria 1 Primaria GUÍA DO PROFESORADO MÚSICA Tiroliro GUÍA DO PROFESORADO ES0000000118805 122071_Guia_Musica_Acordes_1_OBR_94566 ES0000000118805 122071_Guia_Musica_Acordes_1_OBR_94566.indd 1 29/11/2019 13:14:13

RkJQdWJsaXNoZXIy OTA4MjI=