Saber Facer Contigo 5 y 6
O mundo está en constante cambio. Sabes que transmitir coñecementos ao teu alumnado é moi importante, pero que, sobre todo, debes educar as nenas e nenos para que desenvolvan determinadas habilidades, que farán que, cando cheguen á idade adulta, sexan persoas: – Con intelixencia emocional , a educación das emocións é unha peza clave no desenvolve- mento integral das nenas e nenos. Consiste en identificar as nosas emocións e as alleas, regular as emocións propias, desenvolver a empatía... Tamén é fundamental harmonizar emoción e pensamento. – Creativas , capaces de achegar novas solucións. Creatividade significa ter imaxinación e ser quen de dar respostas orixinais aos problemas, de facer fronte a situacións inesperadas, de adaptarse a distintos contextos. Desenvolvemento da creatividade e das emocións Actividades Para traballar a creatividade e a intelixencia emocional en todas as áreas. Contarás 2 Fotosíntese e respiración Durante a función de nutrición nas plantas teñen lugar dous proce- sos moi importantes: • A fotosíntese , polo que as plantas fabrican o seu propio alimento. • A respiración , que ten a finalidade de obter enerxía a partir do alimento producido na fotosíntese. • En que momento do día teñen lugar a respiración e a fotosíntese? Razoa a resposta. OBSERVA E DESCUBRE Osíxeno Osíxeno Dióxido de carbono Dióxido de carbono Fotosíntese Respiración Día Fotosíntese Para que as plantas poidan transformar o zume bruto en zume elaborado é imprescindible a luz solar. As plantas captan a enerxía da luz do sol mediante a clorofila , un pigmento verde que se encontra principalmente nas follas. Durante a fotosíntese, as plantas utilizan dióxido de carbono e desprenden osíxeno como refugo. Ambos os gases forman parte da composición do aire. Osíxeno Dióxido de carbono Respiración Noite Respiración Ao igual ca na respiración dos animais, as plantas precisan o osíxeno do aire para obter enerxía a partir dos alimentos que elas mesmas fabrican. Como produto de refugo, tamén producen dióxido de carbono, que se expulsa ao exterior. Pero as plantas producen máis osíxeno do que consomen. De aí procede gran parte do osíxeno que utilizan os demais seres vivos para respirar. As plantas fabrican o seu propio alimento por medio da fotosín- tese a partir de auga, sales minerais, dióxido de carbono e luz solar. 1 Di por que a cor predominante das plantas é a cor verde. Explica que substancia é a responsable desta cor e cal é a súa importancia na nutrición. 2 TEMPO PARA ESCRIBIR. Redacta un breve texto destinado a formar parte dunha campaña de concienciación sobre a importancia das plantas e o xeito en que os animais dependen delas. ACTIVIDADES Gústannos as plantas Xuntádevos en grupos e falade sobre as sensacións que vos producen as plantas e cales son as que máis vos gustan. Escribide unha lista de cousas que non lle debemos facer nunca a unha planta por consideralo prexudicial. 29 1 Unha fábula –Pero,comopode serqueun león tangrandecoma ti lles teñamedo aunsbichos tanpequenos comanós? –preguntou sorprendidoo rato. –Porque en realidade son unha formiga –confesou o león. –Pero non tes antenas e só tes catro patas... –dixo o rato mirando o león coma se estivese tolo. –Ben o sei... Son unha formiga atrapada nun corpo de león. A min non me gusta saír de caza coma a meus irmáns; eu prefiro apañar fo- llas e ramalliños e agachalos en buratiños debaixo da terra. Ademais, sonvos vexetariano. O rato non sabía que pensar, así que, decidido a aclarar aquel caso tan estraño, foi buscar a raíña das formigas e o rei dos leóns. –Non é unha das nosas –asegurou a raíña das formigas ao ver o león. –Siqueo son.Sonunha formigaobreira– ratificouse na súaafirma- ción o león. –Non, home, non – contradíxoo o rei dos leóns–. Con esta melena tan grande e escura está clarísimo que es un dos nosos. E, sen facer casodasprotestas,o reidos leónsdecidiu levalopara a casa. Mentres marchaba, o león-formiga díxolle entre bágoas á raíña das formigas: –Abofé que son unha de vós. Pero, se non me queredes, non podo facer nada. Aquelas palabras romperon o corazón da raíña formiga, que deci- diu pedir unha terceira opinión. Así que lle preguntaron á serpe, que era o animal máis listo de toda a selva. A serpeexaminouo leónatentamente.Miroull a lingua,osollos,as orellas, o rabo... –A verdade é que ten toda a traza de ser un león... –dixo pensativa despoisdunanaco–.Pero secamiñacomaunha formiga, traballacoma unha formiga e fala coma unha formiga, debe ser unha formiga. Ás veces as aparencias enganan... Daquela, o rei dos leóns preguntoulle ao león: –De verdade que non queres ser o rei da selva? –Non –respondeu o león convencido. –Eestás segurodequequeres serunhadasnosas?–inquiriua raíña das formigas. –Non hai nada no mundo que me puidese facer máis feliz –confir- mou o león. Desde aquel día, o león foi vivir coas formigas e din que foi feliz para sempre. E alá,na selva, todos aprenderon aver queoqueparecenon sempre é. anoxase: enfadase. arrepío: sensacióndemedo producidapor algoquenon se espera. ratificouse: confirmou as súaspalabras,mantívoas. contradíxoo: dixoo contrario ou algodiferentedoquedixo outro. E se fose… Imaxina outro desenvolvemento para o conto: que outro animalpodería querer ser o león?, que lle gustaría facer se fose este animal? C R E A T I V I D A D E 11 As actividades que aparecen sinaladas con esta icona animan a expresar os sentimentos e tamén a empatizar. Coas propostas da sección de creatividade ponse en xogo a imaxinación. Actividades para traballar a intelixencia emocional e a creatividade 10
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy OTA4MjI=