Saber Facer Contigo 5 y 6

Desde que puxemos nas vosas mans o proxecto Saber Facer pasaron moitas cousas: algunhas no mundo, outras en Galicia ou, posiblemente, no voso colexio; todas elas, importantes. Saber Facer segue sendo un referente da vosa práctica educativa : é motivador, é rigoroso, útil, e funciona e mellora a aprendizaxe do voso alumnado. Fixéstesnos chegar a vosa satisfacción co proxecto. Por iso o mantemos . Gústavos o nome, gústavos a idea que transmite, o modelo de ensinanza-aprendizaxe que o anima, a práctica a que invita. En Obradoiro/Santillana temos presente que un proxecto educativo dinámico esixe prestar atención aos cambios externos e internos, escoitar os protagonistas da educación e tomar decisións. Iso fixemos. Durante estes anos estivemos cerca do profesorado, escoitámosvos, conversamos, trasladástesnos inquietudes e aprendemos coas valiosas solucións que achegades cada día nas aulas. Porque vivimos cada momento como unha posibilidade de mellora, mantemos o proxecto e renovámolo. Nace Saber Facer Contigo

RkJQdWJsaXNoZXIy OTA4MjI=