1 2 3 8 A partir dun tema de hoxe, próximo á realidade e intereses do alumnado, trabállanse as destrezas comunicativas. #Polo planeta!, #O mar de todos, #Iguais e diferentes ou #Amúsica das palabras son algúns deses temas. Moitos están relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e propician a construción dun mundo mellor. Itinerario didáctico (modelo 1.º ESO) Cada unidade presenta ao alumnado esta secuencia de traballo: Un espazo para todos?, Con sentidiño!, Detectives en acción!... son exemplos de situacións que serven para contextualizar e integrar as aprendizaxes e que van permitir, por exemplo, elaborar sinais de pictogramas para facer o centro máis inclusivo, elaborar unha guía para detectar noticias falsas… A competencia lectora, o coñecemento dos diferentes tipos de textos e as súas características, os contidos léxicos, ortográficos e gramaticais convértense en aprendizaxes ao servizo da competencia comunicativa. As Propostas de traballo da sección Na práctica ofrecen a posibilidade de aplicar todo o que se vai aprendendo. Podes consultar unha unidade didáctica en EduPack. Apertura de unidade Contidos Lingua Situación de aprendizaxe. Lingua
RkJQdWJsaXNoZXIy OTA4MjI=