Lingua e Literatura Construíndo mundos ESO-Bacharelato

4 6 9 7 E ao final de cada trimestre coñecerán a relación que manteñen os falantes coa súa lingua, a través dun observatorio lingüístico en que propoñemos contidos como a diversidade cultural e lingüística, os usos e as actitudes lingüísticas dos falantes de galego, as variedades lingüísticas da nosa lingua ou a relación do galego coa lusofonía. Observatorio lingüístico As características da linguaxe literaria e dos diferentes xéneros, así como o achegamento ao cómic ou banda deseñada forman parte dos contidos que se irán adquirindo este curso. Estes contidos darán a posibilidade de realizar un produto ao finalizar cada unidade. Propoñemos a revisión persoal da aprendizaxe a través de preguntas, da utilización dun porfolio persoal e da aplicación dos coñecementos a un texto. Contidos Literatura 5 Situacións relacionadas co mundo do alumnado vanlle servir de contexto ás súas producións. Van elaborar unha lista de reprodución de cántigas populares, escribir un microrrelato partindo dun anuncio, facer unha presentación dixital de seres da nosa mitoloxía… todo a partir de situacións que os van conectar co mundo da literatura. Situación de aprendizaxe. Literatura Peche de unidade

RkJQdWJsaXNoZXIy OTA4MjI=