2 Lingua 4 1 LINGUA COMUNICATIVA, QUE SITÚAAS APRENDIZAXES AO SERVIZO DA INTERACCIÓN ORAL E ESCRITA EN DIFERENTES CONTEXTOS • Con debates, exposicións, presentacións guiadas... para poñer en práctica a competencia comunicativa oral. • Coa realización de carteis, reportaxes, informes, crónicas… para desenvolver o que esixe a competencia comunicativa escrita no noso mundo. • Coa utilización das posibilidades que ofrece o mundo dixital, o material permite crear blogs, vídeos, podcasts, audiolibros… LINGUA PRÁCTICA, QUE APLICAAS APRENDIZAXES • Con situacións de aprendizaxe, que permiten integrar os coñecementos lingüísticos e aplicalos a contextos cotiáns. Aos catro ventos! Atrevédesvos?, Ao oído!, Oda á novidade tecnolóxica… son exemplos de situacións ás que se enfrontarán na aula. • Coa sección Na práctica, que presenta Propostas de traballo que van máis alá das actividades tradicionais e que concretan o aprendido en textos ou situacións cotiás. Analizar, comparar, investigar, crear... son tarefas propias destas propostas que encontrarás nos apartados de Comunicación e Gramática. Analizar discursos de compañeiros, comparar textos, investigar sobre a lingua de signos, crear un cartel para aforrar auga... son algunhas das propostas en que aplicarán as aprendizaxes.
RkJQdWJsaXNoZXIy OTA4MjI=