Guía de uso Aula Virtual 4

GUÍA DE USO

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ 2 Aula Virtual 4 Santillana presenta Aula Virtual 4, unha plataforma educativa que proporciona ao profesorado e aos estudantes todo o necesario para crear un contorno de ensinanza e aprendizaxe dixital. •  Aula Virtual 4 está deseñada para acceder desde distintos dispositivos, ordenadores, tabletas con conexión a Internet ou sen ela, e pódese traballar cos seus contidos de forma sincronizada desde a aula e desde a casa. •  Poderás comunicarte cos teus estudantes e organizar o traballo de forma rápida e sinxela. •  Terás acceso a todos os materiais para o profesorado e para o alumnado que acompañan aos nosos proxectos na mesma plataforma: guías didácticas, solucionarios, suxestións para a avaliación, etc. •  Poderás seguir o desempeño dos teus estudantes mentres traballan cos libros de Santillana. •  Aula Virtual 4 adáptas a ti e ao teu alumnado. Existe unha versión para o docente, con acceso a contidos e áreas de traballo exclusivos, e outra específica para o alumnado.

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ 3 Podes acceder a Aula Virtual 4 de distintas formas dependendo de se vas utilizar a web conectada a Internet ou a aplicación para descargar os seus contidos no teu dispositivo. •  ONLINE: conéctate co teu navegador a https://av.santillana.es. •  OFFLINE: descarga a aplicación Aula Virtual 4 de https://digital.santillana.es ou das tendas Android e IOs. Poderás iniciar sesión en Aula Virtual usando as túas credenciais se xa creaches unha conta de usuario/a, ou, se tes un usuario/a de e-vocación (comunidade exclusiva de profesores que usan os materiais de Santillana), poderás acceder cos teus datos. Se accedes a Aula Virtual por primeira vez, será necesario crear unha conta de usuario/a. Para iso, debes completar os catro pasos do proceso: Acceso a Aula Virtual 4 Inicio de sesión Creación de conta 2. Nome e apelidos 3. Usuario e contrasinal 4. Correo electrónico 1. Licenza e contrasinal A licenza e o contrasinal proporcionarachos o teu delegado/a comercial e terá asociados os libros solicitados. Deberás incluír un correo electrónico para asocialo á túa conta. Deberás lembrar o teu usuario/alias para iniciar sesión en AV4 en próximas ocasións. Poderás cambiar o teu contrasinal, se o desexas, unha vez finalizado o proceso de creación de conta, no apartado O Meu Perfil. Inclúe o teu nome e un ou dous apelidos. Se esqueciches o teu contrasinal, poderás crear un novo a través do email de recuperación que recibirás no teu correo electrónico. Como recupero o meu contrasinal?

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ 4 Os botóns de navegación A través dos botóns do menú de navegación poderás acceder ás diferentes seccións de Aula Virtual 4. Os meus libros Aplicacións Axenda Asistencia Notas As miñas clases Mensaxes Recursos Panel de control Titorial interactivo Panel de control O Panel de control está pensado como unha pantalla de inicio onde poderás ter á man a información máis destacada do teu día a día como docente. Terás acceso directo ás tarefas en progreso creadas para as túas clases, a axenda diaria cos eventos programados para o día actual e próximos eventos, así como comentarios dos teus estudantes sobre as tarefas en curso.

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ 5 Os meus libros Nesta sección mostraranse os libros dixitais que foron asignados á túa conta. Poderás visualizar os libros, ler o contido e personalizalo, terás acceso a ferramentas para tomar notas, subliñar e agregar marcadores, entre outras. Aplicacións Na sección Aplicacións poderás descubrir solucións dixitais para axudarte e complementar o teu día a día na aula. Unha delas é Bingel, unha plataforma para realizar exercicios onde poderás retar o teu alumnado para superarse nun contorno gamificado e adaptativo. Como engadir máis libros? Premendo o botón «Nova licenza» poderás introducir as novas credenciais facilitadas polo teu delegado/a para engadir outros libros á túa libraría de Aula Virtual 4. A través do botón poderás acceder ao libro ou crear unha versión personalizada. Como visualizar os meus libros?

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ 6 As miñas clases Neste apartado poderás visualizar as diferentes clases, xestionar os seus membros, acceder ao contorno de creación de tarefas e visualizar de forma directa o libro asociado á materia correspondente. Crear unha nova clase ou unirte a unha xa creada por outro/a docente. Ponderacións Horario de materia Editar clase Visualizar libro asociado á clase Acceso directo ao apartado Tarefas Administrar membros da clase Asociar libro Deberás seleccionar un dos libros dispoñibles na túa libraría para asocialo á clase. Establece as ponderacións para cada tipoloxía de tarefa. Lembra que a suma de todas elas debe ser 100. Poderás definir o horario da clase que estás creando. Podes editar os datos dunha clase así como activar ou desactivar o grupo. Como creo unha clase? Premendo o botón Nova clase poderás incluír os datos necesarios para a creación da túa clase. Unha vez creada a nova clase, poderás acceder de forma directa ás súas principais seccións.

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ 7 Como me uno a unha clase xa creada? Código de clase Cada clase creada ten asociado un código. Podes solicitar o código da clase a que te queres unir e incluílo ao premer o botón Unirse a unha clase existente. O docente que administre a clase deberá aceptar a túa solicitude. Como xestiono os membros dunha clase? Membros Tarefas A través da sección Membros da clase poderás ver os estudantes e docentes que forman parte do grupo. Utilizando o interruptor poderás activar ou desactivar os membros que solicitaron unirse á clase. No apartado Tarefas poderás elaborar encargos para os teus estudantes e calificalos, compartir arquivos, xestionar a súa asistencia e realizar un seguimento global e personalizado dos seus avances, entre outras cousas. Visualizarás datos globais da clase e de cada estudante sobre as tarefas encargadas. Terás un seguimento personalizado do avance de cada estudante no libro de clase. Resumo Seguimento

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ 8 Como corrixir tarefas? Como crear tarefas? Accedendo a cada unha das tarefas creadas, poderás visualizar o número de estudantes que a realizaron e poderás corrixir as súas respostas. As tarefas en Aula Virtual 4 organízanse en temas asignados a un período do curso escolar. Unha vez creado un tema, poderás crear tarefas asociadas ao mesmo. Novo tema Nova tarefa Como edito as tarefas creadas? Utiliza as pestanas para incluír as propiedades da tarefa e os seus destinatarios (p. ex. : Os climas do mundo). Podes editar os datos das tarefa s a través do botón . Preme en «Novo tema» para crear o primeiro grupo de tarefas (p. ex. : O clima). Corrixir tarefa Datos da tarefa Publicar notas Avalía as respostas dos teus estudantes; poderás realizar comentarios e devolver a tarefa se fose necesario. Unha vez corrixidas as tarefas podes publicar as notas para que os estudantes as visualicen na súa conta.

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ 9 Axenda Con esta funcionalidade poderás realizar un rexistro de eventos e programalos en distintos calendarios de forma organizada. Mensaxes Este apartado permitirache enviar mensaxes de forma individual, grupal ou a toda a clase, tamén poderás achegar arquivos* e ligazóns. Podes engadir calendarios á túa axenda para compartir eventos cos teus estudantes. Se es membro doutras clases, no calendario «Eventos de centro» aparecerán os correspondentes a eses grupos. Esta opción permíteche programar eventos e asocialos a un dos calendarios. Se non existen calendarios creados, o evento asígnase ao calendario «Eventos propios», que é de uso privado. Se necesitas compartir eventos co teu alumnado, deberás engadir un novo calendario (p. ex. : Clase 1.º A). Como engadir calendarios? Como incluír novo evento? Proba a crear e enviar as túas mensaxes. Poderás xestionalos a través da túa bandexa de entrada. *Poderás achegar arquivos de imaxe (.jpg / .png), vídeo (.avi / .mp4 / .mpg) ou documentos (.pdf),ademais de arquivos de Microsoft Office (.docx, .xlsx e .pptx) cun límite de tamaño de 500 mb por arquivo. Nova mensaxe

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ 10 Asistencia Esta funcionalidade permitirache levar o rexistro da asistencia (falta ou atraso) do teu alumnado. Se tes máis dun grupo de clase, poderás seleccionar sobre cal deles queres realizar o control. Recursos Esta sección permitirache organizar arquivos* en carpetas e compartilos coas túas clases. Se o desexas, podes exportar o rexistro de asistencia da semana que estás visualizando, en formato pdf. Usa os despregables para elixir a clase e o período de rexistro. Visualizarás a listaxe de estudantes onde poderás incluír a notificación. Como exportar o rexistro de asistencia? Como engadir faltas de asistencia/atrasos? Poderás subir distintos tipos de arquivos* para complementar as túas clases e organizalos en carpetas que só serán visibles para ti. Se desexas compartilos cos estudantes, deberás incluílos dentro da carpeta compartida da clase. Como inclúo recursos e os organizo? Por cada clase que teñas, créase automaticamente unha carpeta compartida. Todo arquivo que inclúas nela será visible para todos os seus membros. Como comparto recursos? *Poderás achegar arquivos de imaxe (.jpg / .png), vídeo (.avi / .mp4 / .mpg) ou documentos (.pdf),ademais de arquivos de Microsoft Office (.docx, .xlsx e .pptx) cun límite de tamaño de 500 mb por arquivo.

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ 11 Notas Nesta área poderás consultar as calificacións do teu alumnado. No caso de que teñas máis dunha clase, deberás seleccionar sobre que clase queres realizar a consulta. Titorial interactivo Aula Virtual 4 conta cun titorial interactivo para guiarte nas distintas seccións, achegando unha serie de instrucións que che axudarán a familiarizarte coa plataforma. Podes exportar o boletín de notas do curso escolar para cada clase. Ao publicar as notas, automaticamente serán visibles para os teus alumnos e alumnas. Exportar e publicar notas O titorial iníciase automaticamente a primeira vez que accedes a Aula Virtual 4. Tamén poderás activalo en calquera momento a través do seu botón para guiarte na sección que esteas visualizando. Poderás omitir o titorial ou avanzar polos pasos específicos de cada apartado. Activar o titorial interactivo

RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz