Guía de uso Aula Virtual 4

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ 3 Podes acceder a Aula Virtual 4 de distintas formas dependendo de se vas utilizar a web conectada a Internet ou a aplicación para descargar os seus contidos no teu dispositivo. •  ONLINE: conéctate co teu navegador a https://av.santillana.es. •  OFFLINE: descarga a aplicación Aula Virtual 4 de https://digital.santillana.es ou das tendas Android e IOs. Poderás iniciar sesión en Aula Virtual usando as túas credenciais se xa creaches unha conta de usuario/a, ou, se tes un usuario/a de e-vocación (comunidade exclusiva de profesores que usan os materiais de Santillana), poderás acceder cos teus datos. Se accedes a Aula Virtual por primeira vez, será necesario crear unha conta de usuario/a. Para iso, debes completar os catro pasos do proceso: Acceso a Aula Virtual 4 Inicio de sesión Creación de conta 2. Nome e apelidos 3. Usuario e contrasinal 4. Correo electrónico 1. Licenza e contrasinal A licenza e o contrasinal proporcionarachos o teu delegado/a comercial e terá asociados os libros solicitados. Deberás incluír un correo electrónico para asocialo á túa conta. Deberás lembrar o teu usuario/alias para iniciar sesión en AV4 en próximas ocasións. Poderás cambiar o teu contrasinal, se o desexas, unha vez finalizado o proceso de creación de conta, no apartado O Meu Perfil. Inclúe o teu nome e un ou dous apelidos. Se esqueciches o teu contrasinal, poderás crear un novo a través do email de recuperación que recibirás no teu correo electrónico. Como recupero o meu contrasinal?

RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz