Primaria Construído mundos

Súmaste a construír mundos mellores? VISIÓN HUMANÍSTICA DA EDUCACIÓN De acordo coa Unesco (2016), defendemos que a educación debe: • Estar ao servizo do ben común e da dignidade humana. • Promover unha educación integral. APRENDIZAXE PROFUNDA E ACTIVA Trátase de comprender ben para actuar mellor. Os mecanismos para conseguilo son: • A aprendizaxe competencial. • A aprendizaxe en contextos reais, relevantes e estimulantes para o alumnado. • As pontes transversais e interdisciplinarias. SABER Nun mundo de fake news, reivindicamos a importancia de transmitir saber, de xerar coñecemento serio e cientificamente fundamentado. COMPROMISO O proxecto comprométese coa Axenda 2030 da ONU, cos ODS e co desenvolvemento sostible. • Pretendemos educar a cidadás e cidadáns globais, comprometidos con si mesmos, cos demais e co planeta, responsables e activos na construción dun mundo mellor. 3

RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz