Guía de uso Aula Virtual 4

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ 11 Axenda Con esta funcionalidade poderás realizar un rexistro de eventos e programalos en distintos calendarios de forma organizada. Mensaxes Este apartado permitirache enviar mensaxes de forma individual, grupal ou a toda a clase, tamén poderás achegar arquivos* e ligazóns. Podes engadir calendarios á túa axenda para compartir eventos cos teus estudantes. Se es membro doutras clases, no calendario «Eventos de centro» aparecerán os correspondentes a eses grupos. Esta opción permíteche programar eventos e asocialos a un dos calendarios. Se non existen calendarios creados, o evento asígnase ao calendario «Eventos propios», que é de uso privado. Se necesitas compartir eventos co teu alumnado, deberás engadir un novo calendario (p. ex. : Clase 1.º A). Como engadir calendarios? Como incluír novo evento? Proba a crear e enviar as túas mensaxes. Poderás xestionalos a través da túa bandexa de entrada. *Poderás achegar arquivos de imaxe (.jpg / .png), vídeo (.avi / .mp4 / .mpg) ou documentos (.pdf),ademais de arquivos de Microsoft Office (.docx, .xlsx e .pptx) cun límite de tamaño de 500 MB por arquivo. Nova mensaxe

RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz