Guía de uso Aula Virtual 4

14 ◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ Vinculación con Google Classroom Para poder facer uso da integración de Google Classroom con Aula Virtual 4, o primeiro que debes facer é asociar a túa conta de Google co teu usuario/a de Aula Virtual 4 como se explicou no apartado Inicio de sesión con Google (páx. 5). Unha vez vinculada a túa conta con Google, poderás crear as túas clases, incluír estudantes e asignarlles tarefas vinculadas a Google Classroom. Para poder vincular unha clase con Google Classroom, cómpre facelo durante o proceso de creación da clase, antes de incluír estudantes e asignar tarefas. 1. Inicia sesión en AV4. 2. Accede á configuración do teu perfil. 3. Vincula a túa conta AV4 con Google. Crear clase vinculada con Google Classroom 1. Accede á sección As miñas clases e fai clic en «Nova clase». 2. Cubre os campos do formulario «Nova clase». 3. Activa o botón «Compartir con Google Classroom» para vincular a clase creada.

RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz