Guía de uso Aula Virtual 4 para familias

GUÍA DE USO Para familias

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ 2 Aula Virtual 4 Santillana presenta Aula Virtual 4, unha plataforma educativa que proporciona ao profesorado e aos estudantes todo o necesario para crear un contorno de ensinanza e aprendizaxe dixital. •  Aula Virtual 4 está deseñada para acceder desde distintos dispositivos (ordenadores, tabletas...), con conexión a Internet ou sen ela, e pódese traballar cos seus contidos de forma sincronizada desde a aula e desde a casa. •  Acceso a todos os materiais que acompañan os nosos proxectos. •  Seguimento do desempeño do estudante mentres traballa cos libros de Obradoiro / Santillana.

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ 3 Podes acceder a Aula Virtual 4 de distintos xeitos dependendo de se vas empregar a web con conexión a Internet ou a aplicación para descargar os seus contidos no teu dispositivo. •  ONLINE: conéctate co teu navegador a https://av.santillana.es. •  OFFLINE: descarga a aplicación Aula Virtual 4 desde https://santillana.es/descarga-aula-virtual/ ou desde as tendas Android e IOs. Podes consultar a guía de uso AV4 offline para máis detalles. Se xa creaches unha conta de usuario/a, poderás iniciar sesión en Aula Virtual empregando os teus datos. Acceso a Aula Virtual 4 Inicio de sesión Se accedes a Aula Virtual por primeira vez, terás que crear unha conta. Para iso, debes completar os seguintes pasos: Creación de conta Nome e apelidos Correo electrónico Contrasinal Licenza de libro e contrasinal A licenza e o seu contrasinal terá asociados os libros solicitados. Crea un contrasinal para acceder á plataforma. Poderás cambialo, se o desexas, unha vez finalizado o proceso de creación de conta, no apartado O meu perfil. Deberás indicar un enderezo de correo electrónico auténtico para asocialo á túa conta. Inclúe o teu nome e un apelido ou os dous.

4 ◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ Aínda non activaches a túa conta? 1. Accede a AV4: vai ao URL https://av.santillana.es e selecciona «Entrar». 2. Selecciona «Aínda non activaches a túa conta?» e completa os campos coa información requirida, usando o número de código da túa licenza e o contrasinal asignado. Asegúrate de poñer un enderezo de correo electrónico correcto. 3. Verificación do correo electrónico. Comproba a túa bandexa de entrada ou a carpeta de correo non desexado. Importante: despois de completar o proceso, ten en conta que non poderás repetilo para cambiar o teu enderezo de correo electrónico. Para futuros cambios, accede á páxina de inicio de AV4, fai clic na imaxe do teu avatar, elixe O meu perfil e actualiza o teu enderezo de correo electrónico. •  Activación de conta: se non podes acceder a AV4 porque o correo de activación caducou, ou foi eliminado por erro, podes solicitar o reenvío dun novo. •  Corrección de correo electrónico: se non podes acceder a AV4 porque introduciches un enderezo de correo electrónico incorrecto durante o rexistro e non recibiches o correo de activación, podes agregar un novo para solicitar o reenvío. En ambos os casos, podes seguir estes pasos para lograr activar a túa conta:

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ 5 2. Introduce o teu enderezo de correo electrónico e enviarémosche un correo coas instrucións para que poidas restablecelo. Precisas restablecer o teu contrasinal? 1. Selecciona a opción «Esqueciches o teu contrasinal?». •  Restablecemento de contrasinal: se esqueciches o teu contrasinal, podes solicitar un correo para crear un novo. Aula Virtual permite iniciar sesión cunha conta de Google. Inicio de sesión con Google 1. Inicia sesión na plataforma e accede á sección O meu perfil. 1. Inicia sesión con Google. 2. Selecciona a túa conta de Google. 3. Acepta as condicións de vinculación. 2. Vincula a túa conta AV4 coa de Google. Só é posible vincular unha conta de usuario de AV4 cunha conta de Google. Unha vez vinculadas as contas, poderás iniciar a túa próxima sesión directamente coa túa conta de Google.

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ 6 Os botóns de navegación A través dos botóns do menú de navegación poderás acceder ás diferentes seccións de Aula Virtual 4. Os meus libros Aplicacións Axenda Asistencia Notas As miñas clases Mensaxes Recursos Panel de control Panel de control O Panel de control está pensado como unha pantalla de inicio onde poderás ter á man a información máis destacada do teu día a día. Terás acceso directo ás tarefas en progreso creadas, a axenda diaria cos eventos programados para o día actual e próximos eventos, así como comentarios sobre as tarefas en curso.

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ 7 Os meus libros Nesta sección mostraranse os libros dixitais que foron asignados á túa conta. Poderás visualizar os libros, ler o contido e personalizalo, terás acceso a ferramentas para tomar notas, subliñar e agregar marcadores, entre outras. Aplicacións Na sección Aplicacións poderás descubrir solucións dixitais para complementar o día a día na aula. Unha delas é Bingel, unha plataforma para realizar exercicios para superarse nun contorno gamificado e adaptativo. Como engadir máis libros? Premendo o botón «Nova licenza» poderás introducir as novas credenciais para engadir outros libros á túa libraría de Aula Virtual 4. A través do botón poderás acceder ao libro ou crear unha versión personalizada. Como visualizar os meus libros?

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ 8 As miñas clases Neste apartado poderás visualizar as diferentes clases, acceder ao contorno de creación de tarefas e visualizar de forma directa o libro asociado á materia correspondente. Unirte a unha xa creada polo docente. Como me uno a unha clase xa creada? Código de clase Cada clase creada ten asociado un código. Podes solicitar o código da clase á que te queres unir e incluílo ao premer o botón Unirse a unha clase existente. O docente que administre a clase deberá aceptar a túa solicitude. Membros Axenda Con esta funcionalidade poderás realizar un rexistro de eventos e programalos en distintos calendarios de forma organizada. Esta opción permíteche programar eventos. Como incluír novo evento?

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ OBRADOIRO / SANTILLANA ◾ 9 Mensaxes Este apartado permitirache enviar mensaxes, tamén poderás achegar arquivos* e ligazóns. Proba a crear e enviar as túas mensaxes. Poderás xestionalas a través da túa bandexa de entrada. *Poderás achegar arquivos de imaxe (.jpg / .png), vídeo (.avi / .mp4 / .mpg) ou documentos (.pdf), ademais de arquivos de Microsoft Office (.docx, .xlsx e .pptx) cun límite de tamaño de 500 MB por arquivo. Nova mensaxe Notas Nesta área pódense consultar as cualificacións do estudante. No caso de pertencer a máis dunha clase, deberase seleccionar a clase sobre a que se quere realizar a consulta. Podes exportar o boletín de notas do curso escolar para cada clase. Exportar e publicar notas

RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz