GUÍA DE USO AV4 OFFLINE

GUÍA DE USO

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ SANTILLANA / OBRADOIRO ◾ 2 Aula Virtual 4 Santillana presenta Aula Virtual 4, unha plataforma educativa que lles proporciona ao profesorado e aos estudantes todo o necesario para crear un contorno de ensinanza e aprendizaxe dixital. •  Aula Virtual 4 está deseñada para acceder desde distintos dispositivos, ordenadores, tabletas con conexión a Internet ou sen ela, e pódese traballar cos seus contidos de forma sincronizada desde a aula e desde a casa. •  Poderás comunicarte cos teus estudantes e organizar o traballo de forma rápida e sinxela. •  Terás acceso a todos os materiais para o profesorado e o alumnado que acompañan os nosos proxectos na mesma plataforma: guías didácticas, solucionarios, suxestións para a avaliación, etc. •  Poderás seguir o desempeño dos teus estudantes mentres traballan cos libros de Santillana / Obradoiro. •  Aula Virtual 4 adáptase a ti e ao teu alumnado. Existe unha versión para o docente, con acceso a contidos e áreas de traballo exclusivos, e outra específica para o alumnado.

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ SANTILLANA / OBRADOIRO ◾ 3 Podes descargar a aplicación Aula Virtual 4 Offline desde a web https://digital.santillana.es ou desde as tendas dixitais: •  Play Store (Android) / Apple Store (iOS, MacOS) / Download Server (Linux (Abalinex, LinEx, EducAndOS), Windows, ChromeOS). Se non podes acceder acceder ás tendas dixitais, a instalación poderase realizar por medio dun ficheiro instalable (APK, AppImage, EXE...). Acceso a Aula Virtual 4 - Offline Inicio de sesión Lembrámosche os pasos que debes completar para a creación dunha conta de usuario/a en AV4: Para poder acceder a Aula Virtual 4 Offline deberás rexistrarte previamente en Aula Virtual 4 a través da web https://av.santillana.es e acceder con anterioridade unha primeira vez de modo online. Se es docente e usuario/a de e-vocación, poderás acceder coas mesmas credenciais da túa conta, pero igualmente deberás acceder polo menos a primeira vez a través da plataforma online. Creación de conta Nome e apelidos Correo electrónico Contrasinal Licenza de libro e o seu contrasinal A licenza e o seu contrasinal proporcionarachos o teu delegado/a comercial e terá asociados os libros solicitados. Crea un contrasinal para acceder á plataforma. Poderás cambialo, se o desexas, unha vez finalizado o proceso de creación de conta, no apartado O meu perfil. Os usuarios/as de e-vocación poderán modificalo desde o propio portal de e-vocación. Deberás indicar un correo electrónico auténtico para asocialo á túa conta. Inclúe o teu nome e un apelido ou os dous.

4 ◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ SANTILLANA / OBRADOIRO ◾ 2. Introduce o teu nome de usuario ou o teu enderezo de correo electrónico e enviarémosche unha mensaxe coas instrucións para que poidas restablecelo. Necesitas restablecer o teu contrasinal? 1. Selecciona a opción «Esqueciches o teu contrasinal?». •  Restablecemento de contrasinal: se esqueciches o teu contrasinal, podes solicitar un correo para crear un novo. Aínda non activaches a túa conta? 1. Accede á app AV4 Offline e selecciona : «Aínda non activaches a túa conta?». 2. Completa os campos coa información requirida, usando o número de código da túa licenza e o contrasinal asignado. Asegúrate de poñer un enderezo de correo correcto. 3. Verificación do correo electrónico. Comproba a túa bandexa de entrada ou a carpeta de correo non desexado. •  Activación de conta: se non podes acceder a AV4 Offline porque o correo de activación caducou, ou porque o eliminaches sen te decatar, podes solicitar o reenvío dun novo. •  Corrección de correo electrónico: se non podes acceder a AV4 porque introduciches un correo electrónico incorrecto durante o rexistro e non recibiches o correo de activación, podes agregar un novo correo válido para solicitar o reenvío. En ambos os casos, podes seguir estes pasos para lograr activar a túa conta:

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ SANTILLANA / OBRADOIRO ◾ 5 Os meus libros Ao iniciar a sesión en AV4 Offline accederás directamente á túa libraría, onde se mostrarán os libros dixitais que foron asignados á túa conta. Para poder visualizar os libros e traballar con eles sen necesidade de conexión a Internet, cumprirá descargalos. Na libraría móstranse os libros inactivos, os que non están descargados, coa cuberta en branco e negro. Unha vez se realiza a descarga, o libro pasa a estado activo, coa cuberta en cor. Descargar un libro A través da icona Opcións de descarga que localizarás debaixo da cuberta do libro inactivo na túa libraría, poderás realizar a súa descarga. Existen dous tipos de descarga dispoñibles: •  Descargar versión lixeira: trátase dunha versión do libro que poderás visualizar, pero que non contén ningún dos recursos e actividades asociados a el. Esta versión ocupa menos espazo no teu dispositivo e sempre terás a posibilidade de descargar os recursos a posteriori, cando os necesites. •  Descargar libro con recursos: é a versión completa do libro e inclúe todos os recursos e actividades. Opcións de descarga Actualizacións Panel de descargas Selector de idiomas Perfil de usuario Libro inactivo (non descargado) Libro activo (descargado)

◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ SANTILLANA / OBRADOIRO ◾ 4 Actualizar un libro Unha vez seleccionada unha das opcións de descarga, abrirase automaticamente o Panel de descargas onde se amosa o seu progreso. É posible descargar ata cinco libros de xeito simultáneo e poderemos pausar, reanudar ou cancelar a descarga. Podes buscar actualizacións dos libros incluídos na túa libraría a través do botón situado no menú de navegación superior. Se existen actualizacións dispoñibles para descargar mostrarase cunha etiqueta sobre a cuberta do libro. Poderás realizar a descarga a través do botón e gozar dos recursos actualizados. Cando o proceso de descarga se complete satisfactoriamente, a cuberta do noso libro pasará a estado activo (en cor) e poderás visualizalo. Se descargaches a versión lixeira do libro, estará identificado coa etiqueta debaixo da cuberta e a través do botón tenás a opción de realizar a descarga dos recursos, cando o desexes, para poder traballar coa versión completa do libro. Versión completa Versión lixeira

RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz