◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ SANTILLANA / OBRADOIRO ◾ 2 Aula Virtual 4 Santillana presenta Aula Virtual 4, unha plataforma educativa que lles proporciona ao profesorado e aos estudantes todo o necesario para crear un contorno de ensinanza e aprendizaxe dixital. • Aula Virtual 4 está deseñada para acceder desde distintos dispositivos, ordenadores, tabletas con conexión a Internet ou sen ela, e pódese traballar cos seus contidos de forma sincronizada desde a aula e desde a casa. • Poderás comunicarte cos teus estudantes e organizar o traballo de forma rápida e sinxela. • Terás acceso a todos os materiais para o profesorado e o alumnado que acompañan os nosos proxectos na mesma plataforma: guías didácticas, solucionarios, suxestións para a avaliación, etc. • Poderás seguir o desempeño dos teus estudantes mentres traballan cos libros de Santillana / Obradoiro. • Aula Virtual 4 adáptase a ti e ao teu alumnado. Existe unha versión para o docente, con acceso a contidos e áreas de traballo exclusivos, e outra específica para o alumnado.
RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz