◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ SANTILLANA / OBRADOIRO ◾ 3 Podes descargar a aplicación Aula Virtual 4 Offline desde a web https://digital.santillana.es ou desde as tendas dixitais: • Play Store (Android) / Apple Store (iOS, MacOS) / Download Server (Linux (Abalinex, LinEx, EducAndOS), Windows, ChromeOS). Se non podes acceder acceder ás tendas dixitais, a instalación poderase realizar por medio dun ficheiro instalable (APK, AppImage, EXE...). Acceso a Aula Virtual 4 - Offline Inicio de sesión Lembrámosche os pasos que debes completar para a creación dunha conta de usuario/a en AV4: Para poder acceder a Aula Virtual 4 Offline deberás rexistrarte previamente en Aula Virtual 4 a través da web https://av.santillana.es e acceder con anterioridade unha primeira vez de modo online. Se es docente e usuario/a de e-vocación, poderás acceder coas mesmas credenciais da túa conta, pero igualmente deberás acceder polo menos a primeira vez a través da plataforma online. Creación de conta Nome e apelidos Correo electrónico Contrasinal Licenza de libro e o seu contrasinal A licenza e o seu contrasinal proporcionarachos o teu delegado/a comercial e terá asociados os libros solicitados. Crea un contrasinal para acceder á plataforma. Poderás cambialo, se o desexas, unha vez finalizado o proceso de creación de conta, no apartado O meu perfil. Os usuarios/as de e-vocación poderán modificalo desde o propio portal de e-vocación. Deberás indicar un correo electrónico auténtico para asocialo á túa conta. Inclúe o teu nome e un apelido ou os dous.
RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz