◾ AULA VIRTUAL ◾ GUÍA DE USO ◾ SANTILLANA / OBRADOIRO ◾ 5 Os meus libros Ao iniciar a sesión en AV4 Offline accederás directamente á túa libraría, onde se mostrarán os libros dixitais que foron asignados á túa conta. Para poder visualizar os libros e traballar con eles sen necesidade de conexión a Internet, cumprirá descargalos. Na libraría móstranse os libros inactivos, os que non están descargados, coa cuberta en branco e negro. Unha vez se realiza a descarga, o libro pasa a estado activo, coa cuberta en cor. Descargar un libro A través da icona Opcións de descarga que localizarás debaixo da cuberta do libro inactivo na túa libraría, poderás realizar a súa descarga. Existen dous tipos de descarga dispoñibles: • Descargar versión lixeira: trátase dunha versión do libro que poderás visualizar, pero que non contén ningún dos recursos e actividades asociados a el. Esta versión ocupa menos espazo no teu dispositivo e sempre terás a posibilidade de descargar os recursos a posteriori, cando os necesites. • Descargar libro con recursos: é a versión completa do libro e inclúe todos os recursos e actividades. Opcións de descarga Actualizacións Panel de descargas Selector de idiomas Perfil de usuario Libro inactivo (non descargado) Libro activo (descargado)
RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz