Rexistro masivo de usuarios en AV4

Rexistro masivo de usuarios en AV4 Santillana proporciónache esta ferramenta que che vai permitir rexistrar usuarios en AV4 de xeito masivo. Para iso, deberás recompilar información sobre os usuarios que van ser rexistrados seguindo estes pasos: 1. Descarga o modelo que che facilitamos a través da seguinte icona. 2. Cubre o modelo incluíndo a información solicitada en cada un dos campos para docentes ou estudantes que precisen unha conta en AV4. O modelo é un arquivo de Excel (.xlsx) onde se deberán completar os distintos campos de información cumprindo os seguintes requisitos: Descarga - Modelo Como cubrir o modelo? Datos da licenza Código de licenza: (16 díxitos). Ex.: 99999901-7507-0058 *Acéptanse tamén códigos de licenza de familia. Ex.: U4673800001 Contrasinal da licenza: (8 caracteres alfanuméricos). Ex.: NJZHk7GF Nome e apelidos En caso de tratarse dun docente usuario ou usuaria de e-vocación, poderá acceder a AV4 coas mesmas credenciais (usando o DNI no canto do correo electrónico). Non é preciso incluír os seus datos na lista de novos rexistros. Estes datos facilitaránselle ao centro a través da delegación comercial. Inclúe o nome e os apelidos da persoa que vai ser dada de alta no rexistro. Correo electrónico acceso AV4 Contrasinal acceso AV4 O enderezo de correo electrónico debe ser único para cada usuario, xa que servirá para iniciar sesión na plataforma. Crea un contrasinal para todos os usuarios da lista. Debe ser de polo menos 6 caracteres e conter un número. Será imprescindible para acceder á plataforma e poderá ser modificado se fose necesario tras iniciar sesión en AV4. Se se trata dun docente que utiliza as súas credenciais de e-vocación para acceder a AV4, o cambio de contrasinal realízase nese portal.

Revisar os datos e gardar o modelo Importar modelo en AV4 Unha vez completado o modelo con todos os datos solicitados, asegúrate de que foron introducidos correctamente segundo os campos establecidos, así minimizaranse os erros no proceso de rexistro de usuarios. Finalmente deberás gardar o arquivo de Excel (Arquivo/Gardar) e nomealo do seguinte xeito: AnoMes_Lista altas AV4_Nome do centro.xlxs Exemplo: 2402_Lista altas AV4_CEIP Rosalía de Castro.xlxs Parabéns! O arquivo está listo para ser importado na plataforma e comezar o proceso de rexistro de usuarios. Inicia sesión en AV4 a través da web https://av.santillana.es/ e accede á sección O meu perfil. Entre as opcións de navegación atoparás o apartado «Rexistro masivo de usuarios» habilitado. Para iniciar o proceso de importación, a través do botón «Importar novo ficheiro» poderás seleccionar o documento de excel do modelo que cubriches previamente cos datos dos usuarios que van ser rexistrados. Unha vez anexado o ficheiro, o sistema mostra información xeral e do estado do proceso. Servirache para identificar o número de rexistros finalizados con éxito ou aqueles que conteñen erros e non foi posible completar o seu rexistro. 1. Fai clic no botón «Importar novo ficheiro». 2. «Anexar o arquivo» e «Gardar» para iniciar o proceso de rexistro masivo.

Corrixir erros de rexistro de usuarios Contacto de soporte Se che xorden dúbidas durante o proceso, podes contactar connosco no seguinte enderezo de correo electrónico: soportedigital@santillana.es. A través da icona terás acceso a información detallada sobre o proceso para cada un dos usuarios da lista. Poderás filtrar a lista e descargar o arquivo excel coa lista de usuarios falidos para revisar así os erros detectados e incluír as modificacións necesarias para resolvelos. Se o sistema detecta erros dos usuarios durante o procesado do arquivo, o seu rexistro non poderá completarse. Deberás corrixir os erros e repetir o proceso. Tamén poderás realizar esta mesma acción de xeito mais directo premendo sobre a frecha «Descargar resumo» . Unha vez corrixidos os erros, deberase importar de novo o arquivo de excel facendo clic na frecha «Subir corrección» e iniciar o proceso, tantas veces como sexa preciso, ata completar o rexistro de todos os usuarios satisfactoriamente. No arquivo excel xerado para corrixir erros débese manter o campo User import ID que se crea de xeito automático e está asociado a cada usuario.

RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz