Eu son Son Oqueleo Catálogo de literatura infantil e xuvenil o que lin
A lectura únenos 2 Infantil 4 SERIE AMARELA 6 SERIE MORADA 10 SERIE LARANXA 14 Infantil/Xuvenil 18 SERIE AZUL 18 Xuvenil 22 Índice de escritores e escritoras 29 Índice de títulos 30 Delegacións 32 ÍNDICES
Comezamos a ler. E comezamos a imaxinar, a rir, a tremer, a descubrir, a desexar, a sentir, a pensar, a aprender. Rebelámonos, divertímonos, emocionámonos. Ler é moito máis ca descifrar e interpretar. Ler fainos actores e actrices. Cada frase, cada emoción, cada personaxe, cada autor e autora, cada título forma parte de nós. Porque estamos conformados por todos eses libros que lemos e dos que xa somos parte. Somos o que lemos, a suma das historias que chegaron ata nós e que quedaron como parte da nosa propia biografía. Os tempos avanzan, aparecen novos soportes, outras formas de ler e de relacionarse coa lectura e cos demais
lectores. Con todo, hai algo que non cambia, e é o noso convencemento de que a lectura nos constrúe como individuos e nos permite relacionarnos cos demais na creación dun futuro mellor; así, compartimos un territorio común e unha forma de vivir e de ser a través dos libros. Os lectores nunca estamos sós porque compartimos un lugar común: o libro onde se tecen fíos de imaxinación, de pensamento, de diversión, de coñecemento, de afectos que crean vínculos de pertenza á comunidade lectora. SOMOS O QUE LEMOS. SON OQUELEO.
4 Encontra o título que buscas en Infinidade de títulos para te divertir, para te emocionar e para vivir a través dos libros. +6 Serie amarela +14 Serie xuvenil +12 Serie azul +8 Serie morada +10 Serie laranxa Descúbreo por idades.
5 Unha sólida competencia lectora é moito máis ca unha estratexia escolar, é unha das ferramentas fundamentais para asegurar unha participación triunfante en todos os ámbitos da vida. Estamos convencidos de que por medio do gozo se xera o hábito lector e se desenvolven as habilidades que permiten converternos en lectoras e lectores autónomos e críticos. Competencia lectora O noso catálogo e os recursos que propomos para o fomento da lectura están enfocados en desenvolver as habilidades básicas para a comprensión lectora, tal como propón PISA: localizar, seleccionar, interpretar e integrar a información. Se queres saber máis sobre os distintos recursos para reforzar o hábito lector e as destrezas lectoras, visita a nosa web.
6 Libros breves, áxiles, divertidos e cargados de sentido do humor. Unha ponte entre as primeiras lecturas e as que están por vir. Libros con imaxes que apoian o texto, con enunciados simples e parágrafos breves. +6 SERIE AMARELA
7 Lobo Ramón: a vida é unha festa! María Canosa Ramón é o lobo máis singular do universo. Non só ten amigos no monte, tamén na vila. Coa súa motocicleta percorre os camiños e as estradas, descubrindo lugares novos e vivindo unha morea de aventuras. Tamén é dono dun negocio. Este lobo ata é quen de chegar á Lúa! Contos que caben nunha man Carlos López Estes contos son tan pequenos que caben nunha man, unha man que di coa man adeus ao aburrimento e ola ao humor, que te leva da man a un mundo de sorpresas, unha man que cos cotenos chama á túa porta e che entrega este libro que agora tes na túa man. SERIE AMARELA +6 Lobo Ramón María Canosa Ramón é un lobo diferente dos demais, tanto nos gustos da comida coma nos de vestir. Por iso ás veces se sente só. Esta situación anímao a achegarse aos veciños, pero eles téñenlle medo por ser un lobo. Isto tráelle moitos problemas. Será Ramón quen de facer novas amizades? Ilustradora: Ana Seixas ISBN: 978-84-16834-14-3 N.º de páxinas: 48 Temas e valores: Amizade, aventura, desenvolvemento persoal, hábitos saudables, imaxinación, inclusión, natureza, paz, respecto, responsabilidade, valentía, xustiza A tartaruga Amodovou Paula Carballeira Amodovou é unha tartaruga. Cada tartaruga, como cada persoa, ten o seu propio ritmo. Cando aprendeu a camiñar, Amodovou soubo que quería percorrer o mundo para sentir a súa música. E os paxaros, que de melodías entenden moito, foron acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso na súa cara engurrada e escollerá o seu destino. Ilustradora: Nuria Díaz ISBN: 978-84-16834-44-0 N.º de páxinas: 104 Temas e valores: Amizade, aventura, convivencia, enxeño, fantasía, humor, igualdade, inclusión, liberdade, natureza, respecto, responsabilidade, solidariedade e cooperación, tolerancia, vacacións e tempo libre, valentía Ilustradora: Nuria Díaz ISBN: 978-84-1683421-1 N.º de páxinas: 96 Temas e valores: Amizade, aventura, fantasía, humor, igualdade, inclusión, liberdade, natureza, profesións, respecto, responsabilidade, solidariedade e cooperación, tolerancia Ilustradora: Uxía Pin ISBN: 978-84-16834-45-7 N.º de páxinas: 88 Temas e valores: Creatividade, humor, maxia, mascotas, medos, misterio, música, profesións, respecto, responsabilidade, tolerancia, trasnadas
8 Ilustradora: Chus Rojo ISBN: 978-84-16834-45-7 N.º de páxinas: 72 Temas e valores: Familia, medos, paz, respecto, responsabilidade, saúde, tolerancia, trasnadas O elefante perdeu a memoria Oli Que o elefante lembrase cada pedra e cada árbore non sorprendía a ninguén. Tampouco sorprendía que fose un elefante-chafariz, un elefante-illa ou que debuxase arcos da vella no ceo... O sorprendente foi que un día perdeu a memoria e mesmo esqueceu que era un elefante. A vaca dixo mua Gloria Sánchez As vogais desapareceron das palabras, dos libros… A xente non se entende, por iso todos andan enfurruñados e tristeiros. Eira, unha nena da aldea, sae na súa busca. Vai lograr o seu obxectivo grazas á axuda de quen menos o espera: unha vaca moi, moi pesada. Ilustrador: Xosé Cobas ISBN: 978-84-16834-60-0 N.º de páxinas: 48 Temas e valores: Amizade, aprendizaxe, clima, ecoloxía Nube de neve Xabier P. DoCampo Oria agacha no conxelador da súa casa o segredo das nevaradas. Rouboulle ao ceo unha gran nube de neve para poder dispoñer das folerpas ao seu antollo. Poderá Oria vestir de neve os días de sol? Un baúl cheo de piratas Ana Rossetti No faiado hai un vello baúl cheo de cousas inútiles. Pero Chus, Cris, Toño, Gabi e Manu usarán a súa imaxinación para convertelo nun barco pirata e vivir unha estupenda aventura nos mares do Sur da illa do tesouro. Ilustrador: Alfonso Gómez ISBN: 978-84-16834-00-6 N.º de páxinas: 64 Temas e valores: Amizade, aventura, convivencia, creatividade, enxeño, fantasía, piratas, solidariedade e cooperación, trasnadas Ilustradora: Teresa Bellón ISBN: 978-84-16834-97-6 N.º de páxinas: 48 Temas e valores: Amizade, imaxinación, misterio, natureza, responsabilidade
9 SERIE AMARELA +6 Amizade Aprendizaxe Aventura Clima Convivencia Creatividade Desenvolvemento persoal Ecoloxía Enxeño Familia Fantasía Hábitos saudables Humor Igualdade Imaxinación Inclusión Liberdade Maxia Mascotas Medos Misterio Música Natureza Paz Piratas Profesións Respecto Responsabilidade Saúde Solidariedade e cooperación Tolerancia Trasnadas Vacacións e tempo libre Valentía Xustiza A tartaruga Amodovou A vaca dixo mua Contos que caben nunha man Lobo Ramón Lobo Ramón: a vida é unha festa Nube de neve O elefante perdeu a memoria Un baúl cheo de piratas
10 Aventuras, humor e personaxes afoutos, cuadrillas protagonistas de historias que conteñen moita acción con enunciados máis complexos, pero capítulos breves. +8 SERIE MORADA
11 +8 SERIE MORADA O pirata Ataripo Paco Barreiro Neste relato vivirás as aventuras do mono tití Ataripo, do seu amigo Chiopío, ratiño de barco, e da súa tripulación de pulgas mariñas, que se lanzarán á conquista dos océanos nunha embarcación singular: O COCODOCOCO. Ilustradora: Laufer ISBN: 978-84-16834-29-7 N.º de páxinas: 104 Temas e valores: Amizade, animais, aventura, convivencia, humor Bruxa e familia Paula Carballeira Poucas persoas saben os verdadeiros nomes das bruxas. Poucas persoas se atreven a descubrir os seus segredos. Este libro é para esas poucas persoas, as que escollen os camiños escuros, as que buscan os enigmas, as que non foxen das arañas, as que non lle teñen medo ao descoñecido, senón que queren coñecelo. Ilustrador: Dani Padrón ISBN: 978-84-16834-80-8 N.º de páxinas: 96 Temas e valores: Aprendizaxe, enxeño, fantasía, paz, responsabilidade, universo O que nunca che contaron María Canosa e Kike Gómez Cres que as ideas se acenden coma lámpadas, sen máis? Nunca te preguntaches por que o solpor pode ter tantas cores como imaxines? Miraches ben o ceo pola noite e non es quen de ver o po de estrelas? Quen inventou o baile das bolboretas? E... de onde sacan a inspiración os magos? Despois de descubrir os segredos que gardan estas páxinas non volverás mirar ao teu redor do mesmo xeito. Ilustradora: Lucía Cobo ISBN: 978-84-16834-36-5 N.º de páxinas: 136 Temas e valores: Amizade, aventura, igualdade, mulleres, tolerancia
12 Ilustradora: Alicia Varela ISBN: 978-84-16834-19-8 N.º de páxinas: 152 Temas e valores: colexio, conflitos familiares, conflitos sociais, crítica social, desenvolvemento persoal, emocións e sentimentos, familia, hábitos saudables, liberdade, respecto, solidariedade e cooperación O xeito das froitas María Reimóndez Iris é unha rapaza diferente, pouco ten que ver co resto da xente, pero a ela tanto lle ten. A súa relación coas froitas é especial grazas a unha mazá de peluche que cada noite a leva de viaxe. Cando a nai e o pai de Iris perden o traballo, as froitas axúdana a comprender que os cambios poden ser o camiño cara a un novo comezo. Noé e Gato fan teatro Gloria Sánchez Por unha fenda do tempo, Noé irrompe nas nosas augas coa súa arca chea de animaliños. Pero as circunstancias de hoxe en día vanlle causar máis inconvenientes ca o propio diluvio. E, despois desta, outra historia: a do gato dunha casa na que vive un neno moi fedello e rebuldeiro. Ilustradora: Montse Gisbert ISBN: 978-84-16834-01-3 N.º de páxinas: 80 Temas e valores: Amizade, aventura, humor, imaxinación, respecto Dez piratas Gloria Sánchez Eran dez piratas, os máis feos, os máis brutos, os máis malos, os máis sucios, que saíron do peirao un día en busca dun tesouro. Pero polo camiño, un detrás doutro van desaparecendo ata que só queda… A bruxiña da sorte Concha Blanco Lúa, a bruxiña da sorte, chega ao escaparate da tenda de regalos de Tomé. Alí faise amiga de Cuqui, o reloxo espertador que adora as historias dos libros; de Mina, a bolboreta única da súa especie que devece por saber como é a vida en liberdade; e tamén de Pax, o cabaliño do demo namorado. Grazas ás fórmulas máxicas de Lúa, todos verán cumpridos os seus soños. Ilustrador: Xosé Cobas ISBN: 978-84-16834-02-0 N.º de páxinas: 104 Temas e valores: Amizade, aventura, creatividade, fantasía, imaxinación, tolerancia, valentía Ilustradora: Uxía Pin ISBN: 978-84-16834-24-2 N.º de páxinas: 80 Temas e valores: Amizade, animal, aprendizaxe, aventura, coeducación, convivencia, ecoloxía, enxeño, fantasía, humor, imaxinación, mascotas, respecto
13 +8 SERIE MORADA Amizade Animais Aprendizaxe Aventura Coeducación Colexio Conflitos familiares Conflitos sociais Convivencia Creatividade Crítica social Desenvolvemento persoal Ecoloxía Emocións e sentimentos Enxeño Familia Fantasía Hábitos saudables Humor Igualdade Imaxinación Liberdade Mascotas Mulleres Paz Respecto Responsabilidade Solidariedade e cooperación Tolerancia Universo Valentia A bruxiña da sorte Bruxa e familia Dez piratas Noé e gato fan teatro O pirata Ataripo O que nunca che contaron O xeito das froitas
14 Argumentos cheos de intriga, experiencias de crecemento que espertan a curiosidade e tamén moito humor. Libros emocionantes para lectores inquietos. +10 SERIE LARANXA
15 SERIE LARANXA +10 Que cabe nun calcetín? Paula Carballeira Que cabe nun calcetín? Todo o que poidas imaxinar! A comezos de xaneiro, a bruxa Befana enche os calcetíns de Italia con comida, agasallos e lambonadas. Por iso Colombina, unha rapaza moi astuta, argalla un plan para atrapar a Befana e non volver pasar fame. Non conta con que Arlequín, áxil coma un gato, o laretas Polichinela, o Capitán fanfarrón e o avarento Pantalone tamén van querer capturar a bruxa. Pero... non é tan doado apresar alguén que leva a maxia nos zapatos. Ilustradora: Iria Fafián ISBN: 978-84-16834-65-5 N.º de páxinas: 112 Temas e valores: Fantasía, humor, imaxinación, maxia
16 Hilario e os tres medos Xoán Babarro Medo aos médicos, aos compañeiros… medo a si mesma. Estes son os pesadelos aos que se debe enfrontar Abeba. A tatuaxe que lle grava no pulso a súa amiga Lola vai ser a súa compañeira. E Hilario… que papel desempeña? Kibuko Xavier Estévez Sara ten unha fonda tristura acubillada no seu corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso xogo. Por outro lado, Kibuko é un monstro que tenta salvar o seu mundo máxico. E ten un plan… Neko Eva Mejuto Ninguén entende a Xoana mellor ca Neko, o seu can. Ela, en verdade, quería un gato, pero desde que atopou a Neko, abandonado nun colector do lixo, fixéronse inseparables. Será o seu mellor amigo, o único confidente dun segredo que prometeu que xamais ía contar… Unha misión para Clara Marica Campo Clara, unha nena de dez anos criada no amor e respecto á Natureza, quere ser exploradora e visitar a selva amazónica. Non terá que ir tan lonxe porque a aventura virá visitala a ela na persoa de Nimo, un estraño personaxe que chega á súa vida dun xeito misterioso. Despois de lle abrir a porta, xa nada seguirá igual: Clara ten unha misión que cumprir. Ilustradora: Bea Gregores ISBN: 978-84-16834-31-0 N.º de páxinas: 80 Temas e valores: Amor, animais, aprendizaxe, autoestima, conflitos familiares, conflitos sociais, convivencia, crítica social, desenvolvemento persoal, emocións e sentimentos, familia, mascotas, mulleres, responsabilidade, violencia de xénero Ilustradora: Estelí Meza ISBN: 978-84-16834-23-5 N.º de páxinas: 128 Temas e valores: Aventura, creatividade, ecoloxía, respecto, solidariedade e cooperación Ilustradora: Iria Fafián ISBN: 978-84-16834-20-4 N.º de páxinas: 128 Temas e valores: Amizade, autoestima, aventura, comunicación, medos, morte, solidariedade e cooperación Ilustradora: Elena Hormiga ISBN: 978-84-16834-23-5 N.º de páxinas: 128 Temas e valores: Amizade, autoestima, aventura, misterio, natureza, valentía
17 SERIE LARANXA +10 Amizade Amor Animais Aprendizaxe Autoestima Aventura Colexio Comunicación Conflitos familiares Conflitos sociais Convivencia Creatividade Crítica social Desenvolvemento persoal Ecoloxía Emocións e sentimentos Familia Fantasía Humor Imaxinación Maxia Mascotas Medos Misterio Morte Mulleres Natureza Respecto Responsabilidade Solidariedade e cooperación Valentía Violencia de xénero Hilario e os tres medos Kibuko Neko Que cabe nun calcetin? Unha misión para Clara
18 Títulos para satisfacer o desexo de saír ao mundo, de entendelo, de poder navegar por universos fantásticos e de compartir esas experiencias. Lecturas desafiantes que tamén mesturan a linguaxe visual e a literaria. +12 SERIE AZUL
19 SERIE AZUL +12 Un choque inesperado María Reimóndez Nun Lugo dominado pola intelixencia artificial e totalmente dedicado ao turismo, catro mozas singulares coliden na entrada do museo provincial. A partir dese choque irán descubrindo unha conspiración ben máis sinistra ca as pericias romanas na cidade e terán que traballar contra reloxo para rescatar os espazos que lles dan a vida. Tres segundos na zona Xabier López Roberto non é o primeiro da casa en xogar ao baloncesto, pero si quen máis problemas ten cos «tres segundos na zona». Conseguirá a súa adestradora que os árbitros nos llos volvan pitar? Será a súa irmá quen dea cunha solución? Logrará o ADAB CLUB facer un bo campionato a pesar de todo? Dende o frío inverno de 1891, cando James Naismith inventou o noso deporte favorito, non se viu nada igual. Ou si? Pegadas na tinta Clara Vila-Amado Hermontis é unha cidade tranquila, lonxe da trasfega cosmopolita de Menfis e do esplendor crecente de Tebas. Nun lugar así non acontecen grandes tramas. Por iso, o intento de asasinato do gobernador foi tan inesperado. Como ían imaxinar Harsa e Takara que a investigación dun pequeno incendio os levaría a esclarecer un caso tan importante? Ilustrador: Nader Sharaf ISBN: 978-84-16834-25-9 N.º de páxinas: 160 Temas e valores: Amizade, convivencia, emocións e sentimentos, imaxinación, respecto, solidariedade e cooperación Os horizontes de Adar Xoán Babarro Viaxe clandestina en barco, soidade, buscar comida no lixo, durmir en albergues, estar separado dos seus... Por sorte, Adar faise amigo dun can extraviado. Nese momento todo empeza a cambiar. E, a medida que vai resolvendo o enigma da misteriosa marioneta que lle aparece no peto, as novas amizades axudaranlle a albiscar unha luz no seu futuro. Ilustradora: Julia Lago ISBN: 978-84-16834-41-9 N.º de páxinas: 184 Temas e valores: Adolescencia, amizade, animais, aventura, conflitos familiares, conflitos sociais, criaturas fantásticas, desenvolvemento persoal, distopía, igualdade, inclusión, LGTBIQ+, liberdade, mulleres, multiculturalidade, natureza, respecto, responsabilidade, solidariedade e cooperación, valentía, xustiza Ilustrador: Michel Casado ISBN: 978-84-16834-40-2 N.º de páxinas: 160 Temas e valores: Adolescencia, amizade, aprendizaxe, autoestima, convivencia, deportes, emocións e sentimentos, familia, hábitos saudables, respecto, saúde Ilustrador: Jano ISBN: 978-84-16834-34-1 N.º de páxinas: 136 Temas e valores: Amizade, aprendizaxe, conflitos sociais, Exipto, humor, misterio, valentía
20 Ilustradora: Xulia Vicente ISBN: 978-84-16834-27-3 N.º de páxinas: 192 Temas e valores: Adolescencia, amizade, amor, aventura, ciencia ficción, fantasía, misterio O Bosque Pálido Jaureguizar Os pais de Lidia envíana a Illa Fog, un illote sempre cuberto de néboa onde viven coma no século xviii, para que mellore o seu inglés. Malia o cariño que lle demostra a súa familia de acollida, axiña sospeita que Illa Fog pode agochar algo escuro. Coa axuda de William, o enigmático fillo do seu anfitrión, intentará desentrañar o misterio desa sociedade. Matilda Roald Dahl Matilda é unha lectora empedernida con tan só cinco anos. Sensible e intelixente, admírana todos agás os seus mediocres pais, que a consideran unha inútil. Ademais, ten poderes estraños e marabillosos. Un día decide desquitarse e empeza a empregalos contra a cruel señorita Trunchbull. Ilustradora: Laura Pérez ISBN: 978-84-16834-06-8 N.º de páxinas: 224 Temas e valores: Amizade, comunicación, convivencia, familia, medos, misterio E Xoel aprendeu a voar Marica Campo Un rapaz de 13 anos, Xoel, que apenas ten vida fóra da PSP e da Rede. O misterio de Merlo Branco. Paco e Carme, uns pais demasiado atarefados. Eunice, a moza pola que suspira. Fábio, Daniel e Sara, os outros amigos de andainas de Xoel. Don Santiago, o avó que vive os remorsos dunha gran mentira. Estes e outros personaxes ao servizo dunha novela que mantén a intriga ata o final. O ferreiro da lúa chea M.ª Isabel Molina Malia o noviño que é, Iago de Lavalle domina os segredos da forxa e dos metais, pero oponse ás prácticas supersticiosas do seu gremio, os ferreiros. Como castigo por tal actitude, obrígano a peregrinar ata Santiago de Compostela. A aventura, o amor e o perigo serán só algúns dos seus compañeiros de viaxe. Ilustrador: Carlos Cubeiro ISBN: 978-84-16834-07-5 N.º de páxinas: 176 Temas e valores: Aprendizaxe, desenvolvemento persoal, misterio, valentía, viaxes Ilustrador: Quentin Blake ISBN: 978-84-16834-05-1 N.º de páxinas: 228 Temas e valores: Amizade, amor, aprendizaxe, autoestima, colexio, conflitos familiares, convivencia, creatividade, crítica social, emocións e sentimentos, fantasía, humor, imaxinación, medos, respecto, valentía
21 SERIE AZUL +12 Adolescencia Amizade Amor Animais Aprendizaxe Autoestima Aventura Colexio Comunicación Conflitos familiares Conflitos sociais Convivencia Creatividade Criaturas fantásticas Crítica social Deportes Desenvolvemento persoal Distopía Emocións e sentimentos Exipto Familia Fantasía Hábitos saudables Humor Igualdade Imaxinación Inclusión LGTBIQ+ Liberdade Medos Misterio Mulleres Multiculturalidade Natureza Respecto Responsabilidade Saúde Solidariedade e cooperación Valentía Viaxes Xustiza E Xoel aprendeu a voar Matilda O Bosque Pálido O ferrerio da lúa chea Os horizontes de Adar Pegadas na tinta Tres segundos na zona Un choque inesperado
22 Libros en que os adolescentes se recoñecen ou, pola contra, se evaden do mundo real. Tramas máis complexas que coidan a forma e a calidade dos contidos, a amplitude da linguaxe. Lectores preparados para ler en distintos dispositivos. +14 SERIE XUVENIL
23 SERIE XUVENIL +14 Os Metrosiderais Héctor Cajaraville Estela, Kofuku, Li, Tomás e a súa cadela Lía conforman a Banda do Cigurat, un grupo de rapaces e rapazas que consolidaron a súa amizade nas clases de reforzo do instituto. Durante as vacacións de verán, os seus integrantes van verse somerxidos nunha emocionante investigación que crava as súas raíces, literalmente, na historia da Coruña, a cidade en que viven. Un astrolabio, unha viaxe en barco que partiu da Coruña hai cincocentos anos, un peculiar ancián envolto en misterio e intriga, un estraño diario e unha árbore que non debería estar aí configuran a trama desta novela; ao longo das súas páxinas, os membros da Banda do Cigurat deberán enfrontarse a un enigma que rodea a cidade herculina, e que foi pasando de xeración en xeración, ampliándose ao longo dos séculos. Aqueles momentos que perdemos Xavier Estévez Cando Ela, unha adolescente sen recordos, coñece a Sara, sabe que cambiará a súa vida para sempre. As dúas percorrerán os camiños nun mundo no que a civilización se esvaece. Un mundo sen pasado. Unha terra chea de perigos. Ningunha estrela levará o meu nome Antonio Manuel Fraga Allegue Rodri parece abocado a pasar só as vacacións de Nadal. Seu irmán Robinson cancelou a visita anual desde Mallorca e súa nai deberá traballar varios días fóra da cidade. Entón, o seu amigo Mario proponlle un disparatado plan. Mario é un compañeiro da clase obsesionado cos pasteis de merengue, a música de Frank Ocean e o videoxogo Serenity´s Edge. Os dous rapaces son moi diferentes entre si, mais comparten o feito de ser uns marxinados no instituto. Cando marchan xuntos da cidade, comezan unha viaxe chea de aventuras a través de estacións de tren, estradas xeadas e cidades descoñecidas nas que Rodri descubrirá o valor da amizade. Ningunha estrela levará o meu nome é unha homenaxe aos heroes e ás heroínas que viven entre nós. ISBN: 978-84-16834-48-8 N.º de páxinas: 192 Temas e valores: Adolescencia, amizade, aventura, convivencia, desenvolvemento persoal, emocións e sentimentos, liberdade, Nadal, vacacións e tempo libre, viaxes ISBN: 978-84-16834-30-3 N.º de páxinas: 160 Temas e valores: Acoso escolar, adolescencia, amizade, aventura, ciencia ficción, colexio, conflitos sociais, convivencia, familia, historia, inclusión, mitoloxía clásica, mulleres, respecto, solidariedade e cooperación, valentía ISBN: 978-84-16834-16-7 N.º de páxinas: 248 Temas e valores: Aventura, creatividade, ecoloxía, respecto, solidariedade e cooperación, tolerancia ISBN: 978-84-16834-12-9 N.º de páxinas: 176 Temas e valores: Aventura, respecto, valentía O contador de estrelas Jaureguizar Antía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida. Debía botar dous meses acompañando á nai nunha base do Servizo Antilumes. Pero cando coñeceu a Enver, todo mudou; el abriulle a porta da astronomía e do namoramento. Aquel verán acabou sendo o dos maiores lumes e o do incendio máis xigantesco que coñecera o corazón de Antía.
24 Momo Michael Ende Unha novela única sobre a importancia da amizade, a bondade e o valor das cousas sinxelas. En definitiva, sobre o que de verdade nos fai felices. Momo é unha nena que posúe a marabillosa calidade de saber escoitar os demais e que desexa axudar a xente a humanizar as súas vidas. Sobre todo cando os homes grises deciden apoderarse dun dos bens máis prezados que posúen as persoas: o seu tempo. ISBN: 978-84-16834-09-9 N.º de páxinas: 296 Temas e valores: Amizade, conflitos sociais, convivencia, desenvolvemento persoal, imaxinación, solidariedade e cooperación, valentía ISBN: 978-84-16834-54-9 N.º de páxinas: 136 Temas e valores: Aventura, historia, misterio, solidariedade e cooperación Noite de temporal Manuel Núñez Singala A madrugada do 2 de xaneiro de 1921 o vapor correo Santa Isabel, con 270 persoas a bordo, afrontou un terrible temporal nas costas galegas. Esta novela, rigorosamente documentada, narra acontecementos daquela noite. As reaccións da tripulación e da pasaxe e a heroica actuación dos habitantes da costa constitúen un impresionante exemplo de entrega, solidariedade e valentía. Porque só fronte aos auténticos desafíos somos quen de descubrir de que substancia están feitas as persoas. A historia interminable Michael Ende A Emperatriz Infantil está mortalmente enferma e o seu reino corre un grave perigo. A salvación depende de Atreiu, un valente guerreiro da tribo dos peles verdes, e Bastián, un neno tímido que le con paixón un libro máxico. Mil aventuras levaranos a reunirse e a coñecer unha fabulosa galería de personaxes, e xuntos dar forma a unha das grandes creacións da literatura de todos os tempos. ISBN: 978-84-16834-08-2 N.º de páxinas: 208 Temas e valores: Amizade, conflitos familiares, conflitos sociais, convivencia, desenvolvemento persoal, inclusión, respecto, tolerancia, valentía Rebeldes S. E. Hinton Ninguén dixo que a vida fose fácil. Pero Ponyboy está bastante seguro de que ten as cousas controladas. Sabe que pode contar cos seus irmáns e cos seus amigos, amigos de verdade, que farían calquera cousa por el. E no que respecta aos socs (unha violenta banda de rapaces adiñeirados rival dos greasers, como o son el mesmo e os seus amigos), sempre están dispostos a crear problemas. Pero unha noite alguén leva todo isto demasiado lonxe e o mundo de Ponyboy cambia de xeito inesperado. O segredo da casa de Formoso Héctor Cajaraville David é o único fillo dunha parella de emigrantes galegos en Nova Jersey que viaxa a Galicia, onde só estivera ao pouco de nacer, para asinar os documentos de venda da casa da familia. A súa intención inicial é regresar de inmediato, pero axiña van aparecendo razóns polas que prolongar a visita: Galicia, a familia, o misterio da «casa de Formoso» e o amor. ISBN: 978-84-16834-43-3 N.º de páxinas: 224 Temas e valores: Conflitos familiares, igualdade, respecto ISBN: 978-84-16834-10-5 N.º de páxinas: 536 Temas e valores: Amizade, aventura, criaturas fantásticas, familia, fantasía, maxia, príncipes e princesas, responsabilidade, valentía
25 SERIE XUVENIL +14 Acoso escolar Adolescencia Amizade Aventura Colexio Conflitos familiares Conflitos sociais Convivencia Creatividade Criaturas fantásticas Desenvolvemento persoal Ecoloxía Emocións e sentimentos Familia Fantasía Historia Igualdade Imaxinación Inclusión Liberdade Maxia Misterio Mitoloxía clásica Mulleres Nadal Príncipes e princesas Respecto Responsabilidade Solidariedade e cooperación Tolerancia Valentía Vacacións e tempo libre Viaxes A historia interminable Aqueles momentos que perdemos Momo Ningunha estrela levará o meu nome Noite de temporal O contador de estrelas O segredo da casa de Formoso Os Metrosiderais Rebeldes
26 Web e recursos docentes Na web de Oqueleo descubrirás unha sección chea de actividades para motivar a ler, avaliar, investigar, crear e divertirse coa lectura. 1. Probas por curso das destrezas lectoras. 2. Guías de lectura de todos os libros. 3. Acceso ás primeiras páxinas de cada título. 4. Banco de recursos para aulas vivas. 5. Campañas para afondar en temas de actualidade. A través de loqueleo.es/oqueleo poderás acceder ao catálogo completo, noticias de interese e actualidade e a unha ampla oferta de recursos para facer da lectura un acto divertido, enriquecedor, reflexivo e sempre vivo. Anímate, explora e activa a túa aula. ENTRA A FORMAR PARTE DA NOSA COMUNIDADE LECTORA! A aula pode ser un espazo idóneo para o cambio e para crear vínculos non só cos compañeiros e coas compañeiras, senón tamén coa lectura, e polo tanto un espazo para que xurdan as boas ideas.
Queremos que Oqueleo sexa un espazo común para que os lectores, familias, docentes, librarías e bibliotecas se sintan membros dun colectivo acolledor, numeroso, entusiasta e cómplice. Fomentamos o contacto permanente cos nosos lectores e mediadores a través das redes sociais. Le, únete, infórmate, e comparte. Redes sociais ANÍMATE SÍGUENOS Oqueleo @son_oqueleo son oqueleo E non esquezas a canle de YouTube
ÍNDICES
29 Índice de escritoras e escritores B Babarro, Xoán Hilario e os tres medos, páx. 16 Os horizontes de Adar, páx. 19 Barreiro, Paco O pirata Ataripo, páx. 11 Blanco, Concha A bruxiña da sorte, páx. 12 C Cajaraville, Héctor O segredo da casa de Formoso, páx. 24 Os Metrosiderais, páx. 23 Campo, Marica E Xoel aprendeu a voar, páx. 20 Unha misión para Clara, páx. 16 Canosa, María O que nunca che contaron, páx. 11 Lobo Ramón, páx. 7 Lobo Ramón: a vida é unha festa!, páx. 7 Carballeira, Paula A tartaruga Amodovou, páx. 7 Bruxa e familia, páx. 11 Que cabe nun calcetín?, páx. 15 D Dahl, Roald Matilda, páx. 20 DoCampo, Xabier P. Nube de neve, páx. 8 E Ende, Michael A historia interminable, páx. 24 Momo, páx. 24 Estévez, Xavier Aqueles momentos que perdemos, páx. 23 Kibuko, páx. 16 F Fraga Allegue, Antonio Manuel Ningunha estrela levará o meu nome, páx. 23 G Gómez, Kike O que nunca che contaron, páx. 11 H Hinton, S. E. Rebeldes, páx. 24 J Jaureguizar O Bosque Pálido, páx. 20 O contador de estrelas, páx. 23 L López, Carlos Contos que caben nunha man, pax. 7 López, Xabier Tres segundos na zona, páx. 19 M Mejuto, Eva Neko, páx. 16 Molina, M.ª Isabel O ferreiro da lúa chea, páx. 20 O Oli O elefante perdeu a memoria, pax. 8 N Núñez Singala, Manuel Noite de temporal, páx. 24 R Reimóndez, María O xeito das froitas, páx. 12 Un choque inesperado, páx. 19 Rossetti, Ana Un baúl cheo de piratas, páx. 8 S Sánchez, Gloria A vaca dixo mua, páx. 8 Dez piratas, páx. 12 Noé e gato fan teatro, páx. 12 V Vila-Amado, Clara Pegadas na tinta, páx. 19
30 Índice de títulos SERIE AMARELA A tartaruga Amodovou, Paula Carballeira............................................. 7 A vaca dixo mua, Gloria Sánchez.......................................................... 8 Contos que caben nunha man, Carlos López ......................................... 7 Lobo Ramón, María Canosa................................................................. 7 Lobo Ramón: a vida é unha festa!, María Canosa ................................... 7 Nube de neve, Xabier P. DoCampo......................................................... 8 O elefante perdeu a memoria, Xosé Manuel González Barrio.................... 8 Un baúl cheo de piratas, Ana Rossetti................................................... 8 SERIE MORADA A bruxiña da sorte, Concha Blanco...................................................... 12 Bruxa e familia, Paula Carballeira....................................................... 11 Dez piratas, Gloria Sánchez. ............................................................... 12 Noé e gato fan teatro, Gloria Sánchez.................................................. 12 O pirata Ataripo, Paco Barreiro........................................................... 11 O que nunca che contaron, María Canosa e Kike Gómez.......................... 11 O xeito das froitas, María Reimóndez................................................... 12 SERIE LARANXA Hilario e os tres medos, Xoán Babarro.................................................. 16 Kibuko, Xavier Estévez....................................................................... 16 Neko, Eva Mejuto............................................................................... 16 Que cabe nun calcetín?, Paula Carballeira.......................................... 15 Unha misión para Clara, Marica Campo............................................... 16 SERIE AZUL E Xoel aprendeu a voar, Marica Campo................................................ 20 Matilda, Roald Dahl........................................................................... 20 O Bosque Pálido, Jaureguizar.............................................................. 20 O ferreiro da lúa chea, M.ª Isabel Molina............................................... 20 Os horizontes de Adar, Xoán Babarro. .................................................. 19 Pegadas na tinta, Clara Vila-Amado.................................................... 19 Tres segundos na zona, Xabier López.................................................... 19 Un choque inesperado, María Reimóndez ............................................. 19 +6 +8 +10 +12
31 SERIE XUVENIL A historia interminable, Michael Ende.................................................. 24 Aqueles momentos que perdemos, Xavier Estévez................................. 23 Momo, Michael Ende. ......................................................................... 24 Ningunha estrela levará o meu nome, Antonio Manuel Fraga Allegue.. . . . . . 23 Noite de temporal, Manuel Núñez Singala............................................. 24 O contador de estrelas, Jaureguizar. ................................................... 23 O segredo da casa de Formoso, Héctor Cajaraville................................. 24 Os Metrosiderais, Héctor Cajaraville.................................................... 23 Rebeldes, S. E. Hinton........................................................................ . 24 Índice de títulos +14
32 profesgalicia@santillana.es A Coruña Tel.: 981 08 17 66 Vigo Tel.: 986 41 48 22 Delegacións Para máis información, contacte coas nosas delegacións comerciais.
1846553 loqueleo.es/oqueleo
RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz