Oqueleo

8 Ilustradora: Chus Rojo ISBN: 978-84-16834-45-7 N.º de páxinas: 72 Temas e valores: Familia, medos, paz, respecto, responsabilidade, saúde, tolerancia, trasnadas O elefante perdeu a memoria Oli Que o elefante lembrase cada pedra e cada árbore non sorprendía a ninguén. Tampouco sorprendía que fose un elefante-chafariz, un elefante-illa ou que debuxase arcos da vella no ceo... O sorprendente foi que un día perdeu a memoria e mesmo esqueceu que era un elefante. A vaca dixo mua Gloria Sánchez As vogais desapareceron das palabras, dos libros… A xente non se entende, por iso todos andan enfurruñados e tristeiros. Eira, unha nena da aldea, sae na súa busca. Vai lograr o seu obxectivo grazas á axuda de quen menos o espera: unha vaca moi, moi pesada. Ilustrador: Xosé Cobas ISBN: 978-84-16834-60-0 N.º de páxinas: 48 Temas e valores: Amizade, aprendizaxe, clima, ecoloxía Nube de neve Xabier P. DoCampo Oria agacha no conxelador da súa casa o segredo das nevaradas. Rouboulle ao ceo unha gran nube de neve para poder dispoñer das folerpas ao seu antollo. Poderá Oria vestir de neve os días de sol? Un baúl cheo de piratas Ana Rossetti No faiado hai un vello baúl cheo de cousas inútiles. Pero Chus, Cris, Toño, Gabi e Manu usarán a súa imaxinación para convertelo nun barco pirata e vivir unha estupenda aventura nos mares do Sur da illa do tesouro. Ilustrador: Alfonso Gómez ISBN: 978-84-16834-00-6 N.º de páxinas: 64 Temas e valores: Amizade, aventura, convivencia, creatividade, enxeño, fantasía, piratas, solidariedade e cooperación, trasnadas Ilustradora: Teresa Bellón ISBN: 978-84-16834-97-6 N.º de páxinas: 48 Temas e valores: Amizade, imaxinación, misterio, natureza, responsabilidade

RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz