11 +8 SERIE MORADA O pirata Ataripo Paco Barreiro Neste relato vivirás as aventuras do mono tití Ataripo, do seu amigo Chiopío, ratiño de barco, e da súa tripulación de pulgas mariñas, que se lanzarán á conquista dos océanos nunha embarcación singular: O COCODOCOCO. Ilustradora: Laufer ISBN: 978-84-16834-29-7 N.º de páxinas: 104 Temas e valores: Amizade, animais, aventura, convivencia, humor Bruxa e familia Paula Carballeira Poucas persoas saben os verdadeiros nomes das bruxas. Poucas persoas se atreven a descubrir os seus segredos. Este libro é para esas poucas persoas, as que escollen os camiños escuros, as que buscan os enigmas, as que non foxen das arañas, as que non lle teñen medo ao descoñecido, senón que queren coñecelo. Ilustrador: Dani Padrón ISBN: 978-84-16834-80-8 N.º de páxinas: 96 Temas e valores: Aprendizaxe, enxeño, fantasía, paz, responsabilidade, universo O que nunca che contaron María Canosa e Kike Gómez Cres que as ideas se acenden coma lámpadas, sen máis? Nunca te preguntaches por que o solpor pode ter tantas cores como imaxines? Miraches ben o ceo pola noite e non es quen de ver o po de estrelas? Quen inventou o baile das bolboretas? E... de onde sacan a inspiración os magos? Despois de descubrir os segredos que gardan estas páxinas non volverás mirar ao teu redor do mesmo xeito. Ilustradora: Lucía Cobo ISBN: 978-84-16834-36-5 N.º de páxinas: 136 Temas e valores: Amizade, aventura, igualdade, mulleres, tolerancia
RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz