16 Hilario e os tres medos Xoán Babarro Medo aos médicos, aos compañeiros… medo a si mesma. Estes son os pesadelos aos que se debe enfrontar Abeba. A tatuaxe que lle grava no pulso a súa amiga Lola vai ser a súa compañeira. E Hilario… que papel desempeña? Kibuko Xavier Estévez Sara ten unha fonda tristura acubillada no seu corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso xogo. Por outro lado, Kibuko é un monstro que tenta salvar o seu mundo máxico. E ten un plan… Neko Eva Mejuto Ninguén entende a Xoana mellor ca Neko, o seu can. Ela, en verdade, quería un gato, pero desde que atopou a Neko, abandonado nun colector do lixo, fixéronse inseparables. Será o seu mellor amigo, o único confidente dun segredo que prometeu que xamais ía contar… Unha misión para Clara Marica Campo Clara, unha nena de dez anos criada no amor e respecto á Natureza, quere ser exploradora e visitar a selva amazónica. Non terá que ir tan lonxe porque a aventura virá visitala a ela na persoa de Nimo, un estraño personaxe que chega á súa vida dun xeito misterioso. Despois de lle abrir a porta, xa nada seguirá igual: Clara ten unha misión que cumprir. Ilustradora: Bea Gregores ISBN: 978-84-16834-31-0 N.º de páxinas: 80 Temas e valores: Amor, animais, aprendizaxe, autoestima, conflitos familiares, conflitos sociais, convivencia, crítica social, desenvolvemento persoal, emocións e sentimentos, familia, mascotas, mulleres, responsabilidade, violencia de xénero Ilustradora: Estelí Meza ISBN: 978-84-16834-23-5 N.º de páxinas: 128 Temas e valores: Aventura, creatividade, ecoloxía, respecto, solidariedade e cooperación Ilustradora: Iria Fafián ISBN: 978-84-16834-20-4 N.º de páxinas: 128 Temas e valores: Amizade, autoestima, aventura, comunicación, medos, morte, solidariedade e cooperación Ilustradora: Elena Hormiga ISBN: 978-84-16834-23-5 N.º de páxinas: 128 Temas e valores: Amizade, autoestima, aventura, misterio, natureza, valentía
RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz