23 SERIE XUVENIL +14 Os Metrosiderais Héctor Cajaraville Estela, Kofuku, Li, Tomás e a súa cadela Lía conforman a Banda do Cigurat, un grupo de rapaces e rapazas que consolidaron a súa amizade nas clases de reforzo do instituto. Durante as vacacións de verán, os seus integrantes van verse somerxidos nunha emocionante investigación que crava as súas raíces, literalmente, na historia da Coruña, a cidade en que viven. Un astrolabio, unha viaxe en barco que partiu da Coruña hai cincocentos anos, un peculiar ancián envolto en misterio e intriga, un estraño diario e unha árbore que non debería estar aí configuran a trama desta novela; ao longo das súas páxinas, os membros da Banda do Cigurat deberán enfrontarse a un enigma que rodea a cidade herculina, e que foi pasando de xeración en xeración, ampliándose ao longo dos séculos. Aqueles momentos que perdemos Xavier Estévez Cando Ela, unha adolescente sen recordos, coñece a Sara, sabe que cambiará a súa vida para sempre. As dúas percorrerán os camiños nun mundo no que a civilización se esvaece. Un mundo sen pasado. Unha terra chea de perigos. Ningunha estrela levará o meu nome Antonio Manuel Fraga Allegue Rodri parece abocado a pasar só as vacacións de Nadal. Seu irmán Robinson cancelou a visita anual desde Mallorca e súa nai deberá traballar varios días fóra da cidade. Entón, o seu amigo Mario proponlle un disparatado plan. Mario é un compañeiro da clase obsesionado cos pasteis de merengue, a música de Frank Ocean e o videoxogo Serenity´s Edge. Os dous rapaces son moi diferentes entre si, mais comparten o feito de ser uns marxinados no instituto. Cando marchan xuntos da cidade, comezan unha viaxe chea de aventuras a través de estacións de tren, estradas xeadas e cidades descoñecidas nas que Rodri descubrirá o valor da amizade. Ningunha estrela levará o meu nome é unha homenaxe aos heroes e ás heroínas que viven entre nós. ISBN: 978-84-16834-48-8 N.º de páxinas: 192 Temas e valores: Adolescencia, amizade, aventura, convivencia, desenvolvemento persoal, emocións e sentimentos, liberdade, Nadal, vacacións e tempo libre, viaxes ISBN: 978-84-16834-30-3 N.º de páxinas: 160 Temas e valores: Acoso escolar, adolescencia, amizade, aventura, ciencia ficción, colexio, conflitos sociais, convivencia, familia, historia, inclusión, mitoloxía clásica, mulleres, respecto, solidariedade e cooperación, valentía ISBN: 978-84-16834-16-7 N.º de páxinas: 248 Temas e valores: Aventura, creatividade, ecoloxía, respecto, solidariedade e cooperación, tolerancia ISBN: 978-84-16834-12-9 N.º de páxinas: 176 Temas e valores: Aventura, respecto, valentía O contador de estrelas Jaureguizar Antía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida. Debía botar dous meses acompañando á nai nunha base do Servizo Antilumes. Pero cando coñeceu a Enver, todo mudou; el abriulle a porta da astronomía e do namoramento. Aquel verán acabou sendo o dos maiores lumes e o do incendio máis xigantesco que coñecera o corazón de Antía.
RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz