24 Momo Michael Ende Unha novela única sobre a importancia da amizade, a bondade e o valor das cousas sinxelas. En definitiva, sobre o que de verdade nos fai felices. Momo é unha nena que posúe a marabillosa calidade de saber escoitar os demais e que desexa axudar a xente a humanizar as súas vidas. Sobre todo cando os homes grises deciden apoderarse dun dos bens máis prezados que posúen as persoas: o seu tempo. ISBN: 978-84-16834-09-9 N.º de páxinas: 296 Temas e valores: Amizade, conflitos sociais, convivencia, desenvolvemento persoal, imaxinación, solidariedade e cooperación, valentía ISBN: 978-84-16834-54-9 N.º de páxinas: 136 Temas e valores: Aventura, historia, misterio, solidariedade e cooperación Noite de temporal Manuel Núñez Singala A madrugada do 2 de xaneiro de 1921 o vapor correo Santa Isabel, con 270 persoas a bordo, afrontou un terrible temporal nas costas galegas. Esta novela, rigorosamente documentada, narra acontecementos daquela noite. As reaccións da tripulación e da pasaxe e a heroica actuación dos habitantes da costa constitúen un impresionante exemplo de entrega, solidariedade e valentía. Porque só fronte aos auténticos desafíos somos quen de descubrir de que substancia están feitas as persoas. A historia interminable Michael Ende A Emperatriz Infantil está mortalmente enferma e o seu reino corre un grave perigo. A salvación depende de Atreiu, un valente guerreiro da tribo dos peles verdes, e Bastián, un neno tímido que le con paixón un libro máxico. Mil aventuras levaranos a reunirse e a coñecer unha fabulosa galería de personaxes, e xuntos dar forma a unha das grandes creacións da literatura de todos os tempos. ISBN: 978-84-16834-08-2 N.º de páxinas: 208 Temas e valores: Amizade, conflitos familiares, conflitos sociais, convivencia, desenvolvemento persoal, inclusión, respecto, tolerancia, valentía Rebeldes S. E. Hinton Ninguén dixo que a vida fose fácil. Pero Ponyboy está bastante seguro de que ten as cousas controladas. Sabe que pode contar cos seus irmáns e cos seus amigos, amigos de verdade, que farían calquera cousa por el. E no que respecta aos socs (unha violenta banda de rapaces adiñeirados rival dos greasers, como o son el mesmo e os seus amigos), sempre están dispostos a crear problemas. Pero unha noite alguén leva todo isto demasiado lonxe e o mundo de Ponyboy cambia de xeito inesperado. O segredo da casa de Formoso Héctor Cajaraville David é o único fillo dunha parella de emigrantes galegos en Nova Jersey que viaxa a Galicia, onde só estivera ao pouco de nacer, para asinar os documentos de venda da casa da familia. A súa intención inicial é regresar de inmediato, pero axiña van aparecendo razóns polas que prolongar a visita: Galicia, a familia, o misterio da «casa de Formoso» e o amor. ISBN: 978-84-16834-43-3 N.º de páxinas: 224 Temas e valores: Conflitos familiares, igualdade, respecto ISBN: 978-84-16834-10-5 N.º de páxinas: 536 Temas e valores: Amizade, aventura, criaturas fantásticas, familia, fantasía, maxia, príncipes e princesas, responsabilidade, valentía
RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz