Comezamos a ler. E comezamos a imaxinar, a rir, a tremer, a descubrir, a desexar, a sentir, a pensar, a aprender. Rebelámonos, divertímonos, emocionámonos. Ler é moito máis ca descifrar e interpretar. Ler fainos actores e actrices. Cada frase, cada emoción, cada personaxe, cada autor e autora, cada título forma parte de nós. Porque estamos conformados por todos eses libros que lemos e dos que xa somos parte. Somos o que lemos, a suma das historias que chegaron ata nós e que quedaron como parte da nosa propia biografía. Os tempos avanzan, aparecen novos soportes, outras formas de ler e de relacionarse coa lectura e cos demais
RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz