Programación aliñada co currículo: aborda as competencias clave e as específicas, asegurando unha formación integral. Situacións de aprendizaxe: constitúen un elemento motivador que favorece unha aprendizaxe significativa a partir de contextos reais e próximos á realidade do alumnado. Atención á diversidade: as actividades do caderno do alumnado están clasificadas por nivel de dificultade para atender aos distintos ritmos de aprendizaxe da aula. Comprensión lectora: a través de lecturas coidadosamente seleccionadas, o desenvolvemento da competencia lectora constitúe o eixe fundamental do proxecto. Soporte en papel: permite resolver as actividades no libro, o que favorece o traballo autónomo dos estudantes e facilita que as familias poidan realizar un seguimento do seu avance. Soporte dixital: acceso aos contidos teóricos a través do libro dixital para poder estudar nunha contorna segura e acceso a unha batería moi ampla de actividades e recursos dixitais multinivel que facilitarán a atención á diversidade na aula. Facilidade de programación: o material está concibido para que poidas programar con facilidade e dedicar tempo a outras tarefas.
RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz