CADERNOS Xeografía e Historia ESO

Programación aliñada co currículo da LOMLOE: aborda tanto as competencias clave coma as específicas, asegurando unha formación integral. Situacións de aprendizaxe: constitúen un elemento motivador que favorece unha aprendizaxe significativa a partir de contextos reais e próximos á realidade do alumnado. Atención á diversidade: as actividades están clasificadas por nivel de dificultade para atender os distintos ritmos de aprendizaxe e responder ás necesidades de cada estudante. Comprensión lectora: a través de lecturas coidadosamente seleccionadas, o desenvolvemento da competencia lectora constitúe o eixe fundamental do proxecto. Rutinas de pensamento: desenvolven as capacidades para aprender a aprender e a pensar. Soporte en papel: o formato permite resolver as actividades no propio libro, o que favorece o traballo autónomo dos estudantes e facilita que as familias poidan realizar un seguimento do seu avance. Soporte dixital: acceso aos contidos teóricos fundamentais no libro dixital para poder estudar nunha contorna segura. Facilidade de programación: o material está concibido para que poidas programar con facilidade e dedicar tempo a outras tarefas.

RkJQdWJsaXNoZXIy Mzc3MTcz