O R T O G R A F Í A As contraccións do artigo > Le o globo de texto e responde. Que palabra é o resultado de cada combinación? a + o de + a por + o 1 IDENTIFICA en cada cartel dúas contraccións e responde. A que combinación de palabras corresponde cada unha? A B C Inventa ti un novo cartel en que empregues, polo menos, dúas contraccións. 2 COPIA as oracións facendo as contraccións necesarias. O gato (de + o) meu veciño pasa o día deitado (en + o) sofá. Guillerme foi (a + o) teatro (con + o) seu mellor amigo. A partir (de + o) mes que vén contaremos (con + a) axuda de Lois. Xoana vive (en + as) aforas da cidade, preto (de + as) hortas urbanas. Mañá (a + a) mañá iremos correr (por + a) beira do río. Agardamos velos na xuntanza veciñal do próximo venres. Ven pola nosa tenda e faite coa bicicleta que sempre soñaches! Únete ao Club de Atletismo Os Invencibles e percorre con nós as rúas da vila. Polo meu aniversario iremos ao parque acuático da vila. Cando as palabras a, con, de, en e por se atopan cos artigos o, a, os e as, únense a eles formando unha soa palabra: ao, á, aos, ás; co, coa, cos, coas; do, da, dos, das; no, na, nos, nas; polo, pola, polos, polas. Cando as palabras con, de e en se atopan cos artigos un, unha, uns e unhas, únense a eles formando unha soa palabra: cun, cunha, cuns, cunhas; dun, dunha, duns, dunhas; nun, nunha, nuns, nunhas. Estas unións denomínanse contraccións. F e r r a m e n t a s d e L i n g u a 156
RkJQdWJsaXNoZXIy