247257

Os pronomes persoais As palabras que serven para nomear as persoas sen dicir o seu nome chámanse pronomes persoais. As palabras eu, ti, el, ela, nós, vós, eles e elas son pronomes persoais. > Con que palabra se refire o rapaz a el mesmo? E con cal se refire ás rapazas con quen fala? 1 LOCALIZA todos os pronomes persoais e cópiaos. 2 COMPLETA cos pronomes persoais axeitados. O espectáculo cancelouse. Dillo a Ana e xa llo digo a Miguel. viñemos en autobús e colleron a bici. Son moi atrevidas! Cando volvades ao cine avisade a Roque; irá encantado con . 3 REESCRIBE as oracións substituíndo por pronomes persoais as palabras destacadas. Senén e Xurxo farán xuntos o traballo. Eusebio e eu somos da mesma aldea. Raquel e ti chamastes á radio? Margarida hoxe non veu á clase. Estevo é o novo mestre de Inglés. Estrela e Xulia acompañáronme. Mentres vós montades na nora, eu vou ao labirinto. Helena: Paulo e eu descubrimos unha pista de patinaxe. Queres vir con nós? Paulo di que pode ir por ti despois de merendar. Fala con el e así vós xa ides xuntos. Tamén avisei a Rosalía e a Mateo. Eles dixeron que viñan máis tarde. Esperámoste! Breogán F e r r a m e n t a s d e L i n g u a G R A M ÁT I C A 158

RkJQdWJsaXNoZXIy