247257

Dar instrucións para un xogo inclusivo Xogar é divertido e permítenos relacionarnos cos demais. Pero algúns xogos non teñen en conta a diversidade das persoas e déixanas fóra. Propón un xogo inclusivo en que todas e todos nos divirtamos! 1 COMENTA coa clase. A que che gusta xogar no patio durante o recreo? Con quen adoitas xogar? 2 PENSA E PROPÓN xogos. A que xogarías con cada neno e nena? LUCÍA SABELA DAVID Comparte a resposta con outros compañeiros e compañeiras. Que teñen en común os xogos que propuxeches en cada caso? 3 COMPLETA unha ficha coma a do modelo sobre algún dos xogos inclusivos que propuxeches na actividade anterior. 4 EXPLICA oralmente o xogo da ficha e dá as instrucións necesarias para xogar. 5 XOGADE E VALORADE entre todas e todos. Que xogos vos gustaron máis? Que aprendestes xogando? P A S A Á A C C I Ó N NOME DO XOGO: Mans visionarias QUE SE NECESITA PARA XOGAR: Antefaces e d iferentes obxectos. OBXECTIVO DO XOGO: Adiviñar obxectos só c o tacto. INSTRUCIÓNS: Xógase en parellas. Un membro da parella leva posto o anteface e o outro dálle obxecto s para que, durante un minuto, os adiviñe só a través do t acto. Gaña a parella que adiviñe máis obxectos. Non vexo ben. Teño problemas de mobilidade. Non oio ben. 9 163

RkJQdWJsaXNoZXIy