C o m p r o b a o t e u p r o g r e s o A p l i c a o s c o ñ e c e m e n t o s 3 ESCRIBE. De que termo proveñen as seguintes palabras derivadas? 4 REESCRIBE cada oración cambiando o xénero dos substantivos destacados. Tiven que ir falar coa adestradora. Chamei polos cans para que viñesen. Déronlles un premio aos doutores. A casa da veciña é impresionante. Volve facer o mesmo pero cambiándolles o número. 5 LOCALIZA os pronomes persoais das oracións. O mestre quere que ti e eu preparemos unha exposición sobre os xogos. Elas prefiren xogar coa videoconsola e nós preferimos botar unha partida ao parchís. Se vós ides con eles ao parque de atraccións pasarédelo moi ben. Mónica irá con el ao carrusel e Fuco irá con ela ao labirinto. solleiro solpor solsticio acampar campesiño campista follear follaxe esfolla mariñeiro marítimo marea O r g a n i z a a s i d e a s 1 COMPLETA o mural interactivo de ortografía coa pestana das contraccións do artigo. Escribe na parte exterior o título «As contraccións do artigo» e, no interior, as diferentes combinacións de palabras que se poden unir. 2 ELABORA a pestana do folioscopio sobre os pronomes persoais. A continuación, explícalle ao compañeiro ou á compañeira o que aprendiches sobre os pronomes persoais e pregúntalle que foi o que aprendeu el ou ela. AS CONTRACCIÓNS DO ARTIGO – A + artigo o, a, os, as forman as palabras ao, á, aos, ás. – CON + artigo o, a, os, as forman as palabras co, coa, cos, coas. – DE + artigo o, a, os, as forman as palabras do, da, dos, das. – EN + artigo o, a, os, as forman as palabras no, na, nos, nas. – POR + artigo o, a, os, as forman as palabras polo, pola, polos, polas. – CON + artigo un, unha, uns, unhas forman as palabras cun, cunha, cuns, cunhas. – EN + artigo un, unha, uns, unhas forman as palabras nun, nunha, nuns, nunhas. – DE + artigo un, unha, uns, unhas forman as palabras dun, dunha, duns, dunhas. 164
RkJQdWJsaXNoZXIy