Este libro é unha obra colectiva concibida , deseñada e creada no Depar tamento de Edicións de Santillana / Obradoiro, baixo a dirección de Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo. Na súa elaboración par ticiparon: TEXTO Diana Buigues Pastor Ánxela Carril Caldelas Rafael For tes Otero Paula López Hor tas Luísa March Soler Afonso Toimil Castro ILUSTR ACIÓN Isabel de Olano Susie Hammer EDICIÓN EXECUTIVA Luísa March Soler Afonso Toimil Castro DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero As actividades deste libro non deben ser realizadas en ningún caso no propio libro. As táboas, esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos que deberán ser trasladados a un caderno. P R I M A R I A 5 Lingua
2 Desenvolver a miña solidariedade Facerme pregunt as e i nves t i gar Ter autonomí a Co l aborar cos dema i s Pensar e ref l ex i onar Ser unha per soa c reat i va Comun i car me l l or Ter unha mente aber t a Eu son o cent ro da aprend i zaxe Con Cons t ru í ndo mundos vou consegu i r… Para conseguilo, vas utilizar o Libro de Lingua e o LibroMedia dixital. 5 P R I M A R I A 5 P R I M A R I A Obradoiros con certificación de boa xestión ambiental e enerxética Plástico 100 % reciclable Santillana desexa contribuír a construír un mundo máis sostible. Por iso, empregamos: Papel de bosques sostibles 5 Lingua 1 .o t r i m e s t re P R I M A R I A MOC H I L A L I XE I RA Lingua 1 .o t r i m e s t re Lingua 1 .o t r i m e s t re ES0000000145601 205150_Lingua_5_1_OBR_120834 ES0000000145601 205150_Lingua_5_1_OBR_120834.indd 1 16/03/2022 12:55:28
3 Ruta de aprendizaxe para construír un mundo mellor Seguro que moitas veces soñaches con vivir nun mundo mellor. A boa noticia é que ti podes construír ese mundo. Ao longo do curso vas compartir cos compañeiros e coas compañeiras moitas ideas para conseguilo. Non esquezas que tes nas mans un poderoso instrumento: a lingua que empregas para comunicarte. Para conseguilo, en cada unidade vas seguir esta ruta: Ao final de cada trimestre implicaraste nun proxecto de traballo en equipo relacionado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: un reto en que poderás achegar o teu gran de area para construír un mundo mellor. Apúntaste? 1 A partir dunha situación de aprendizaxe, próxima a ti e ao mundo que te arrodea, debaterás cos compañeiros e coas compañeiras, escoitarás unha gravación relacionada co tema e expresarás as túas ideas e opinións. 3 Tamén coñecerás con máis profundidade tres Ferramentas de Lingua indispensables para comunicarte: o vocabulario, a ortografía e a gramática. E descubrirás trucos infalibles para gozar ao máximo da literatura e analizar con fiabilidade a información que te arrodea. A continuación pasarás á acción e aplicarás as túas habilidades e os teus coñecementos na elaboración de propostas, orais e escritas, con que poderás transformar a túa contorna. 2 En cada unidade lerás diferentes tipos de textos: contos, narracións, textos teatrais, fichas, informes, entrevistas..., a partir dos cales comprenderás o mundo que te arrodea e desenvolverás a túa creatividade. Ao acabar comprobarás o teu progreso. Poderás aplicar o que aprendiches, organizar as ideas e, sobre todo, valorar a túa aprendizaxe. Non te preocupes se non o fixeches tan ben como esperabas: para aprender cómpre tempo. E lembra: ti podes facelo! 5 4
4 S I T U A C I Ó N S D E A P R E N D I Z A X E COMUNICARASTE Comuni cac ión oral Competenc ia lectora Vocabular io 1 Pode desaparecer unha illa? 6 Expresar preferencias Un conto: Aninovo en Kiribati As palabras e os seus significados 2 De quen é o mar? 22 Formular hipóteses Unha ficha descritiva: Gran Barreira de Coral Palabras monosémicas e polisémicas 3 É verdade ou é lenda? 36 Facer unha descrición Unha lenda: A serea Mariña Palabras homónimas 4 Que facemos co lixo? 52 Propoñer accións Unha entrevista: Entrevista a Alba Fortes Palabras parónimas O no s o r e t o : SALVAR OS MARES . Un debate sobr e a s i tuac i ón de mar es e océanos 5 Temos as mesmas oportunidades? 82 Expresar emocións Un relato de ficción científica: As lembranzas de Fátima Palabras sinónimas e antónimas 6 É de nenos ou de nenas? 98 Contar unha experiencia persoal Un informe: As profesións teñen xénero? Palabras onomatopeicas 7 Somos o que queremos? 112 Facer unha recomendación Un conto: Dedé, a veciña do primeiro Palabras simples e compostas 8 Quen pon os límites? 128 Presentar unha persoa Unha biografía: A aventureira muller das herbas A formación de palabras compostas O no s o r e t o : PROMOVER A IGUALDADE . Unha expos i c i ón sobr e este r eot i pos de xéne ro 9 Que cidade queremos? 160 Describir un itinerario Un conto: A repartidora de onomatopeas Palabras primitivas e palabras derivadas por prefixación 10 Como coidamos o medio? 176 Elaborar normas Unha carta á dirección: Protexer Cala Fermosa Palabras derivadas por sufixación 11 E se a Terra di abonda? 190 Explicar o funcionamento dun aparello Un texto teatral: Aforramos enerxía Os sufixos 12 Cantas vidas teñen? 206 Anunciar un produto Unha páxina web: Milvidas Familia de palabras e campo léxico O no s o r e t o : REDUCIR A CONTAMINACIÓN. Unha r epor taxe sobr e t ranspor te l impo
5 COÑECERÁS DESCUBRIRÁS PASARÁS Á ACCIÓN Ortograf ía Gramát i ca Laborator io de informac ión Li teratura Normas xerais de acentuación O substantivo Palabras para dicilo bonito • Obradoiro de literatura: Publicidade e linguaxe literaria Recitar textos literarios Acentuación de ditongos e hiatos Os determinantes Que fontes de información hai? Elaborar un decálogo Acentuación diacrítica O adxectivo Cada texto no seu lugar • Obradoiro de literatura: Literatura e danza Facer un ficheiro de lectura Repaso de grafías Os pronomes persoais Como hai que buscar a información? Crear unha cuña publicitaria Palabras con b e con v O grupo nominal Historias para todos os gustos • Obradoiro de literatura: Cadros de novela Escribir unha tira cómica Palabras con h O verbo (I) Que fontes son máis fiables? Expoñer un plan de futuro Palabras con dificultades ortográficas (I) O verbo (II) Seguindo o fío da historia • Obradoiro de literatura: A narración nos videoxogos Actuar como contacontos Palabras con dificultades ortográficas (II) O verbo (III) Que información cómpre seleccionar? Facer un mural Signos que pechan oracións Os adverbios e os enlaces Ao ritmo das palabras • Obradoiro de literatura: Cancións que son poemas Crear un rap A coma e o punto e coma A oración. Suxeito e predicado Como se resume a información? Escribir unha noticia Os dous puntos e as comiñas O texto. Características Arriba o pano! • Obradoiro de literatura: Teatro e cine Preparar un sketch A raia e as parénteses As linguas. O galego Que din as imaxes? Dar instrucións ANEXO: Determinantes e pronomes persoais Gravacións ANEXO: Modelos de conxugacións verbais ANEXO: Itinerario de lectura para as vacacións
Pode desaparecer unha illa? PREGÚNTATE SOBRE O TEMA Por que motivos podería desaparecer unha illa? Como lles afectaría iso ás persoas? E aos demais seres vivos? Onde podería producirse tamén este fenómeno: na costa ou no interior dos continentes? Por que? Que podemos facer as persoas para solucionar este problema? Organizade un debate sobre o tema. Antes de nada elixide a persoa que vai moderar o debate. Escoitamos e falamos ESCOI TA CON ATENCIÓN Que libro le Sabela? De que trata? Que información sorprende máis a Breixo? E a ti? Por que? Que relación hai entre a desaparición da Atlántida e o que pasa agora con algunhas illas de Indonesia e Oceanía? PENSA E COMENTA Gustaríache vivir nunha illa? Por que? Di polo menos dúas vantaxes e dous inconvenientes de vivir aí. S I T U A C I Ó N D E A P R E N D I Z A X E Reflexionamos e opinamos
P L A N D E T R A B A L L O Comunicaraste Escoitar e falar Illas desaparecidas Expresar preferencias Ler e comprender un conto Aninovo en Kiribati Coñecerás A lingua As palabras e os seus significados Normas xerais de acentuación O substantivo Descubrirás A literatura A linguaxe literaria Pasarás á acción Recitar textos literarios a favor da natureza o teu progreso Comprobarás 1 En parellas, intentade explicar coas vosas palabras as seguintes ideas. Despois, dicide que relación teñen co tema. terremoto nivel do mar cambio climático persoas desprazadas Poñede en común as definicións coa clase e consensuádeas entre todas e todos. Palabras sobre o tema 7
Aninovo en Kiribati –Bos días! Que tal foi a viaxe? O meu nome é Carmucha e quero dar vos a benvida á Il la de Arousa . Son mari scadora de a pé e vouvos ensinar en que consiste o noso oficio. Gústavos o marisco? Un siiiiiiiiiiiiiii entusiasta atronou na praia . Era un día solleiro de primavera e o alumnado de 5.º reloucaba de contento con aquela excursión que os levara a un areal inmenso cheo de algas e de cunchas. Abandonar as aulas –coas súas fraccións, acentos, divisións, nomes de serras e ditongos– sempre era unha noticia estupenda! Carmucha sorriu desde as súas botas e o seu traxe de augas. –Vexo que sodes de bo dente. Hoxe imos aprender a diferenciar as cunchas dos distintos moluscos e tamén as ferramentas para apañalos. Este é un salabardo e aí tedes un angazo e mais un sacho. Ser ven para coller ameixas e berberechos. –A min sábenme os berberechos! Comeríaos a centos! –berrou Brais. –Pois atrás dos berberechos haivos moito traballiño. Por riba , os bancos marisqueiros deben afrontar ameazas como a contaminación , o furtivismo, os recheos, os incendios, as especies invasoras, as mareas vermellas… –E o bibitaken kanoan boong… Viráronse todos, sorprendidos, cara a aquela voz que non sentiran nunca . As pal abras saíran da bo ca de Marí a , a nena nova que chegara habí a uns meses ao colexio. A mestra dicía que viña de lonxe e que entendía moi ben galego porque a súa avoa era de Mazaricos, pero xamais falaba . C l a v e s d e L E C TURA As intervencións dos personaxes Nos contos, é habitual que os personaxes falen no medio do relato. Estas intervencións van precedidas dunha raia (–), e poden servir para romper fragmentos longos de narración, anunciar cambios que fan avanzar a historia ou introducir explicacións relacionadas coa acción. Localiza no texto as diversas intervencións dos personaxes e di que función cres que realiza cada unha. C O N T O COMPETENCI A INTERCULTURAL 8
1 –Bi b i t aken kanoan b oong si gni f i ca ‘cambio d e t empo qu e dura mo ito s días’. Así lle chamamos no meu país ao cambio climático. –María –aclarou a profe– vén de Kiribati , un país formado por 33 illas de coral no océano Pacífico, a medio camiño entre Hawai e Australia . –Na miña illa , Kiritimati –continuou a rapaza–, había moitas persoas que mariscaban , coma vós, para apañar koikoi. Mais a Marawa, a nai Océano que sempre nos deu alimento, está a se converter nun perigo. A subida do nivel do mar arrasa os lugares de cultivo, salga a escasa auga doce e escorrenta a pesca cara a augas máis frías. A miña familia plantaba cocos ata que as nosas terras ficaron anegadas. –Eu vino unha vez na tele! –exclamou a sabichona de Inés–. Cando deron as badaladas de f in de ano, explicaron que o primeiro lugar do planeta en saudar o Aninovo era Kiritimati , pero que o quecemento global afogaría as illas nunhas décadas. Disque o presidente pedía á comunidade internacional asilo para os refuxiados climáticos e mesmo estaba a buscar terras nas illas Fiji en caso de ter que evacuar a poboación . –Algo así podería sucedernos tamén na Arousa se non poñemos freo á contaminación –advertiu Carmucha . Daquela , a mañá sol l eira de praia volveuse algo tri st e. As nubes negras que toldaran a ollada de María acabaron cubrindo o ceo da clase enteira . –Aínda estamos a tempo –murmurou María–. Se todas e todos poñemos algo da nosa parte e nos comprometemos co planeta , talvez logremos salvar as illas. Talvez eu poida regresar á casa . –Vaaale, non volvo envolver bocatas con plásticos, nin deixar a billa aber - ta . E moito menos prender a calefacción a tope! –bufou o Brais–. Podemos agora atender os berberechos? Só pensar neles con arroz, umm… E se celebramos o próximo Aninovo en Kiribati! Veña , María , cóntanos máis cousas da túa illa… Atacoute algunha vez unha quenlla? –Veña , terma do sacho e dálles aos berberechos, lingoreteiro! –apremou Carmucha . Todos se puxeron á faena entre risos. Tamén María que, namentres descubría ameixas na area , imaxinaba que eran koikois da súa querida Kiritimati . Rosa Aneiros re l oucaba : man i fes taba unha g rande a l eg r í a . sa l abardo : apa re l l o de pesca que cons i s te nun a ro cunha rede en forma de saco, atado a un mango l ongo. escor renta : fa i fux i r. to l daran : f i xe ran pe rde r c l a r i dade . L i t e r a r i aME NT E A autora de Aninovo en Kiribati utiliza algunhas imaxes e personificacións para describir certas situacións. LOCALIZA no texto unha imaxe e unha personificación. Despois expresa cada unha coas túas palabras e responde. Provocan o mesmo efecto ao lelas? Por que? 9
C O M P R E N D O O T E X T O 1 DI quen son os personaxes que participan na historia, onde están e que van facer a ese lugar. 2 LEMBRA que personaxe di isto e cando o di. Despois responde. Por que os demais se sorprenden cando oen falar a esta personaxe? Que quere dicir esta frase na lingua do seu país? Como se di na nosa? 3 REFLEXIONA sobre estas cuestións. Que ameazas sofre a actividade marisqueira, segundo Carmucha? Son problemas leves ou graves? Que accións propón Brais para axudar a protexer as illas? Son axeitadas? Cales engadirías ti? 4 SITÚA, coa axuda dun globo terráqueo e de Internet, onde está cada illa. Illa de Arousa Illa de Kiritimati Busca e anota información sobre as dúas illas, compáraas e comparte coa clase algúns datos de interese. 5 ESCRIBE unha definición para a expresión «refuxiado climático». 6 EXPLICA por que se titula así o relato. 7 INTERCAMBIA, cun compañeiro ou cunha compañeira, o que sabedes sobre o traballo das mariscadoras. En que consiste, cando e onde se realiza? Que tipo de utensilios e vestiario usan? Que marisco recollen e que fan con el? Buscade información sobre este oficio e comparádea coas respostas que destes. Coinciden? A p l i c a o q u e s a b e s 8 ESCOLLE E RESOLVE unha das seguintes actividades. A. Di cal destas palabras da lectura é composta e separa os compoñentes. marisco benvida primavera B. Copia tres grupos nominais do texto e arrodea o substantivo que funciona como núcleo en cada caso. C. Localiza no texto unha palabra aguda, unha grave e unha esdrúxula, e explica por que levan ou non acento gráfico. bibitaken kanoan boong… O b r a d o i r o d e c r e a t i v i d a d e Q U E P A S A R Í A S E . . . ? > Imaxinade, en grupos reducidos, que pode pasar na Illa de Arousa se, como se di no relato, o nivel de auga do planeta continúa subindo. Falade sobre estas cuestións. Poderíase vivir na illa? Que dificultades habería? Comentade as respostas coa clase. Credes que esta situación é posible nun futuro próximo? Por que? 10
1 COMBINA os seguintes grupos de letras e forma as palabras correspondentes aos significados propostos. Entrada do mar na costa, máis pequena ca o golfo. Momento en que o xeo ou a neve se funden. Bloque grande de xeo que flota no mar. Desordena as letras de tres palabras da lectura e pásallelas a outros compañeiros e compañeiras, xunto coa definición, para que as reordenen. 2 LE E RESPONDE. Cales das palabras destacadas no texto precisarías buscar no dicionario? Por que? Busca no dicionario as palabras do texto que non coñezas e anota o significado. 3 ESCRIBE tres oracións relacionadas co tema da unidade e substitúe unha palabra de cada oración por outra inventada. Pásalle as oracións a unha compañeira ou a un compañeiro e pídelle que che diga que palabras substitúen as palabras inventadas. Acertounas? > Pensa e responde. Cales destas combinacións de letras non son palabras? Como o soubeches? V o c a b u l a r i o 1 A D Í B A S X E D O E E C I B R E G ✔ arquipélago ✔ pingüín ✔ raacb ✔ illa ✔ glaciar ✔ cailm O oso polar, en perigo de extinción Aínda que actualmente o oso polar está catalogado como especie vulnerable, un estudo asegura que, se o seu hábitat segue a deteriorarse, este fermoso animal podería extinguirse a finais deste mesmo século. Unha palabra é un conxunto de sons ou de letras que ten un significado, é dicir, que fai referencia a un ser, un obxecto ou unha idea. As palabras dunha lingua e os seus significados recóllense no dicionario. 11
F e r r a m e n t a s d e L i n g u a O R T O G R A F Í A Normas xerais de acentuación > Fíxate nas palabras subliñadas e clasifícaas segundo a posición da sílaba tónica. O noso planeta precisa a máxima protección Contamos contigo! 1 RISCA as dúas palabras intrusas de cada grupo e responde. Por que son intrusas? A B C 2 ESCOLLE E COMPLETA coa palabra que se axeite ao esquema proposto. Farruco, de maior, quere ser . árbitro / bombeiro Mar e eu fixemos unha viaxe en . barca / avión Aquela é moi contaminante. empresa / fábrica Paula sábeo todo sobre as . pirámides / bolboretas Debuxa o esquema das palabras que non utilizaches e despois clasifícaas segundo a posición da sílaba tónica. As palabras agudas levan acento gráfico cando son polisílabas e rematan en vogal, en vogal + -n, en vogal + -s ou en vogal + -ns (ventá, espigón, ananás, salmóns). Non levan acento gráfico cando son monosílabas; cando rematan nos ditongos ai, ei, oi, au, eu, ou, ui e iu, seguidos ou non de -n ou -s (andei, xamais, pediu); nin cando acaban nunha consoante distinta de -n ou -s (pomar, coral). As palabras graves levan acento gráfico cando rematan en consoante distinta de -n ou -s, en grupos consonánticos distintos de -ns, e tamén en ditongo decrecente seguido ou non de -n ou -s (cráter, cámping, posíbeis). As palabras esdrúxulas levan acento gráfico sempre (teléfono). Segundo a posición da sílaba tónica, as palabras poden ser agudas, graves ou esdrúxulas. As palabras agudas teñen como sílaba tónica a última sílaba. As palabras graves teñen como sílaba tónica a penúltima sílaba. As palabras esdrúxulas teñen como sílaba tónica a antepenúltima sílaba. camión areal papel marisco bióloga mañá érbedo cartel mártir cidade sardiña nube química túnel máquina océano calor fórmula A casa sombreada corresponde á sílaba tónica. 12
O R T O G R A F Í A 6 PRACTICA. Prepara un destes ditados co compañeiro ou coa compañeira. Fixádevos sobre todo nas palabras que levan acento gráfico. Acción ecoloxista Rubén , Óscar, Mónica e mais eu asistimos onte a unha conferencia sobre o cambio climático. E sabedes que? Que despois da última inter vención dunha moza científica que explicou a inf luencia do impacto ecolóxico do ser humano no desxeo da Antártida , decidimos pasar á acción e fundar unha asociación para protexer os polos. Apuntádesvos? A illa misteriosa Segundo múltiples mapas da época de Cristovo Colón , preto das Canarias, no medio do océano Atlántico, atopábase a illa de San Brandán . Esta mítica illa traía de cabeza os mariñeiros porque... aparecía e desaparecía! Na década dos 50 do século pasado, o xornal ABC publicou unha noticia sorprendente: a primeira e única foto da illa de San Brandán! Pero desde entón , ninguén a volveu ver. Será tan só unha ilusión? 1 C O M O S E P R O N U N C I A N ? Clasifica estas palabras tendo en conta como cómpre pronuncialas segundo as normas xerais de acentuación. Son agudas, graves ou esdrúxulas? alvéolo óboe chofer olimpíada elite parasito gladíolo popurrí medula réptil Le en voz alta e comenta cos compañeiros e coas compañeiras. Como as pronunciarías ti se non as leses antes? Por que cres que as pronunciarías así? 3 ACENTÚA graficamente as palabras que corresponda. Xustifica por que deben levar acento gráfico. 4 QUÍTALLES o acento gráfico ás seguintes palabras, reflexiona e responde. Teñen o mesmo significado de antes? revólver área ananás Cres que é importante colocar o acento gráfico nas palabras? Por que? 5 LOCALIZA na lectura inicial tres palabras agudas, tres graves e tres esdrúxulas. Conecta coa realidade Boa tarde, Barbara: Maña vou asistir a un congreso sobre o cambio climatico en que se vai falar do ascenso termico da auga dos oceanos. Queres vir comigo? Bicos. Marta De: Asunto: martacovas@ocorreo.gal Congreso Hai cinco! 13
F e r r a m e n t a s d e L i n g u a G R A M ÁT I C A O substantivo Os substantivos son as palabras que nomean persoas, animais, cousas, ideas ou sentimentos. Os substantivos varían en xénero e en número. En canto ao xénero, distínguese entre masculinos, que poden ir precedidos das formas dos artigos o, os, un, uns, ou femininos, que poden levar diante as formas a, as, unha, unhas. En canto ao número, poden estar en singular se nomean un único ser ou obxecto, ou en plural, se nomean máis dun. Segundo o que nomeen, os substantivos agrúpanse en varias clases. Os substantivos comúns nomean calquera persoa, animal ou cousa dun grupo (cidade) e os propios, unha persoa, animal ou cosa concreta (Ourense). Os substantivos individuais designan en singular unha única persoa, animal ou cousa (illa) e os colectivos, un conxunto de persoas, animais ou cousas (arquipélago). Os substantivos concretos nomean cousas que se poden ver, tocar, oír, etc. (océano) e os abstractos, ideas, sentimentos, emocións, calidades, etc. (paz). > Localiza os substantivos do cartel e responde. Cales son masculinos? E femininos? En que número está cada un: singular ou plural? DA ILLA PERDIDA OS SEGREDOS H o x e á s 1 9 h o r a s Non quedes sen ver o documental... 1 ESCRIBE durante un minuto todos os substantivos que poidas. SERES COUSAS IDEAS E SENTIMENTOS 2 FAI o plural dos seguintes substantivos e indica o modelo de formación que seguen. arroz sol animal téxtil arnés abellón lareira chofer 3 OBSERVA E EXPLICA. Como se formou cada feminino? Confirma a túa explicación con outros exemplos para cada caso. señor > señora mestre > mestra irmán > irmá patrón > patroa 1. Os rematados en vogal ou -n engaden -s. 2. Os rematados en -r, -z ou -s engaden -es. 3. Os agudos rematados en -l cambian o -l por -is. 4. Os monosílabos e os polisílabos graves rematados en -l engaden -es. 14
L i n g ü i s t i c aME NT E G R A M ÁT I C A 4 COMPLETA as oracións cun substantivo común ou cun propio, segundo o código. COMÚN PROPIO ten unha no . xoga coa súa . O e o seu viven en . A e irán a en . 5 SUBSTITÚE os substantivos individuais que cumpra polos colectivos propostos. tripulación xente frota bosque arquipélago 6 LOCALIZA os substantivos que non son abstractos e explica por que non o son. alegría poema temor horizonte música amizade danza bondade S O N U N O U M Á I S D U N ? Indica o nome destes elementos da vida cotiá e responde. Nomean un obxecto ou máis dun? Teñen forma de singular ou de plural? A que cres que se debe isto? Busca outros substantivos coma estes e responde. Como poderiamos indicar que hai máis dun destes obxectos? Conecta coa realidade Verdade ou milagre? Os barcos chegaron ás illas coa esperanza de confirmar o que lles dixeran os mariñeiros do Vento Mareiro e o que crían tantas persoas: que había un illote cunhas árbores frondosas que aparecía e desaparecía . Sería verdade? 1 A N Á L I S E M O R F O L Ó X I C A Analiza os seguintes substantivos seguindo o modelo: Miño compaixón exército bandadas Xulia Oceanía medos furacáns MODELO vaixela: substantivo común, colectivo e concreto en feminino singular. A B C D Fai os cambios precisos para que o texto quede ben. 15
1 REFLEXIONADE E COMENTADE na clase. Que textos da unidade están escritos en linguaxe literaria? Como o soubeches? Pensades que a linguaxe literaria se pode utilizar para falar de calquera tema? Por que? 2 EXPRESA o mesmo que di o texto do globo sen empregares a linguaxe literaria. Comparade, en parella, as diferenzas entre ambos os dous textos. 3 REDACTA un texto breve en que expliques coas túas palabras que é a linguaxe literaria. Faino a partir do esquema inicial e as respostas das actividades 1 e 2. L I T E R A T U R A . P A L A B R A S P A R A D I C I L O B O N I T O A linguaxe literaria Características Obxectivos Uso das palabras cun sentido diferente do habitual Ritmo e musicalidade especiais Expresar ideas, sentimentos... Crear beleza Emocionar Navegando sobre as ondas, parece que voa o veleiro e, abrazado ás súas velas, viaxa o vento mareiro. L i t e r a r i aME NT E Seguro que coñeces unha chea de adiviñas e de trabalinguas. PENSA E RESPONDE. Cres que utilizan unha linguaxe literaria? Por que o pensas? 16
6 LOCALIZA no texto. Como expresa a autora estas ideas? En parellas, buscade outro exemplo de linguaxe literaria. Despois respondede: Gústavos este tipo de linguaxe? Por que? A Illa de Prata Os antigos chamábanlle a Illa das Penas de Prata . Quedaba un bocadiño lonxe e o que quería achegar - se tíñao difícil , a causa do mal xenio das augas e o poder das correntes que as abranguían afervoadamente. Só algún que outro percebeiro dos máis arriscados ía onda ela roubarlle o prezado tesouro. Desde Vilasemprín víanse agrandadas, nos días claros, as súas praias a brillar cos raios de sol como fitas de raso deitadas entre as penas. Era fermosa e resultaba misteriosa pola cor prateada das rochas nas noites de lúa que se convertían en espellos xigantes e fríos endexamais rotos polas enormes vagas de mar. Máis dun veciño pasaba horas contemplándoa ; sentía ser unha das gaivotas que aniñaban nos inaccesibles acantilados. Ao comezar a nosa hi stori a , don Orentino era a p e r s o a n om e a d a p o l o s v o t a n t e s d e Vi l a s emp r í n . Amante das festas e sorpresas, non acougou ata dar cunha idea grandiosa capaz de atraer os periodistas de todos os medios. Aconteceu unha noite mentres miraba cara á i l l a como t ant as veces f i xera . Aqu el anaco de terra prateada podía deixar de estar tan inaccesible se quedase unido a Vilasemprín por unha ponte. A idea pareceulle tan boa que empezou a berrala polo corredor mentres dona Rosalía deixaba de espantada o libro que estaba a ler. –De que falas, Orentino? –Imaxina unha longa ponte entre ela e o noso peirao, imaxina a xente, os turistas… –A illa chea de coches e de botellas de plástico e de papeis… –dona Rosalía non dixo máis nada . Mar - chou escaleiras abaixo a respirar aire puro. E alí quedou o alcalde zurrado pola reacción da muller, acabou por encoller os ombreiros e comentar : –Canto lles custa a moitos admitir o progreso… Ana María Fernández , O pirata da Illa de Prata (adaptación) 1 A. As praias teñen forma alongada. B. Hai percebes nas rochas. C. O mar bate con forza. T r a b a l l a s o b r e o t e x t o 4 RESPONDE as seguintes preguntas. Por que se chama así a illa? É unha illa accesible? Por que? Quen é don Orentino ? Que pretende facer na illa e para que? Como reacciona Dona Rosalía á proposta de Orentino? Por que? 5 PENSA E OPINA. Que cres que entende Orentino por «progreso»? 17
Deixará de ser un lugar tranquilo. A xente poderá gozar da súa praia. O b r a d o i r o d e l i t e r a t u r a 9 BUSCA un anuncio que che guste e copia o texto. Despois, responde. Hai algunha frase que teña un ritmo ou unha sonoridade especial? Sublíñaa. Usáronse nalgún momento palabras nun sentido distinto do habitual? Como dirías o mesmo de xeito máis directo? Que efecto cres que quere provocar o anuncio? Pensas que o uso da linguaxe literaria axuda a conseguilo? Publicidade e linguaxe literaria A miúdo a publicidade utiliza a linguaxe literaria co obxectivo de emocionar as persoas espectadoras e influír no seu comportamento ou nas súas decisións. D e s c u b r e a s t ú a s e m o c i ó n s 7 PENSA E EXPLICA por que a xente de Vilasemprín sentaba a contemplar a illa. Que poderían sentir, segundo o texto? Cres que unha paisaxe pode influír no estado de ánimo? Cales son as paisaxes que che parecen máis relaxantes? Lembra unha paisaxe que che guste especialmente; explica onde está e anota os sentimentos ou sensacións que che provoca. 8 IMAXINADE E FACEDE, en grupos reducidos, unha lista de vantaxes e de inconvenientes de unir Vilasemprín e a Illa das Penas de Prata. VANTAXES INCONVENIENTES Escribe un texto breve en que expliques o teu acordo ou desacordo co plan de Orentino e como te sentirías se foses un habitante de Vilasemprín. 18
Recitar textos literarios Con frecuencia, os textos literarios transmiten ideas e emocións que fan reflexionar o público lector sobre determinados comportamentos e actitudes, e animan a cambialos. Atrevédesvos a organizar un recital de textos literarios que contribúa a fomentar o amor pola natureza e a necesidade de coidala? 1 BUSCA na biblioteca ou en Internet poemas e outros textos literarios que che gusten e que falen sobre a natureza e sobre a necesidade de protexela. 2 SELECCIONA o texto ou os textos con que che gustaría participar no recital e compárteos coa clase. Entre todas e todos seleccionade o texto ou o fragmento que vai recitar cada un procurando que non haxa repeticións. Agrupade os textos por temáticas e decidide a orde en que se vai recitar cada texto. 3 PREPARA a recitación do teu texto seguindo os seguintes pasos. 1. Busca o significado das palabras ou das expresións que non coñeces para entender ben o texto. 2. Fíxate nos signos de puntuación: onde cómpre facer pausas?, como de longas teñen que ser?, hai signos de interrogación ou de admiración?, como debemos ler a oración nestes casos?... 3. Reflexiona e decide. Que partes do texto che gustaría destacar? Por que? Que emoción vas intentar transmitir? Como o vas facer? 4. Le en voz alta o teu texto, tendo en conta o traballo feito nos pasos anteriores, ata que o memorices. 5. Ensaia a recitación diante doutros compañeiros e compañeiras, e pídelles que a valoren. Como poderías mellorala? 4 CONVIDADE o alumnado de Primaria do colexio ao voso recital de textos literarios. Podedes facer carteis indicando o lugar, o día e a hora en que se vai celebrar, e apegalos en diferentes partes do colexio. 5 RECITADE os vosos textos diante do alumnado. Que vos pareceu a experiencia? P A S A Á A C C I Ó N 1 Se queredes, podedes ler un mesmo texto entre varias persoas. X o v e s á s 1 2 h o r a s n a a u l a d e 5 . º A G R A N R E C I T A L L I T E R A R I O P O L A N A T U R E Z A Non o perdades! 19
Comproba o teu progreso 2 ESCOLLE. Que palabra ten este significado? illa península cabo Explica o significado das outras palabras. 3 RESPONDE. Que é o dicionario? Para que se usa? 4 ESCRIBE unha palabra para cada esquema, tendo en conta que a casa de cor representa a sílaba tónica. A B C D Debuxa os esquemas correspondentes ás palabras punta, gaivota, televisor e vagallón. 5 ESCRIBE as seguintes palabras poñéndolles acento gráfico ás que o precisen. illote mariscador mexillon navais liquido maritimo mobil salitre 6 COPIA os substantivos e indica que nomean. Analiza morfoloxicamente os substantivos anteriores seguindo o modelo da páxina 15. 7 IDENTIFICA o enunciado en que se emprega a linguaxe literaria. Como o soubeches? Hoxe vai un día moi bo e a praia está chea de parasoles de cores. Hoxe o día sorrí e a praia parece un campo de cogomelos de cores. Colonias de pingüíns en perigo polo desxeo na Antártida A p l i c a o s c o ñ e c e m e n t o s Parte de terra rodeada de auga por todas as partes menos por unha. O r g a n i z a a s i d e a s 1 ELABORA un caderno acordeón coma o da imaxe e apega na primeira páxina o apartado sobre o substantivo coa definición na parte superior e cun esquema coma o seguinte debaixo. Os substantivos varían en plural comúns ou propios GRAMÁTICA CLASES DE PALABRAS LINGUA 5.º animais, cousas, ideas Nomean persoas, ou sentimentos. Os substantivos varían en xénero masculino feminino número singular plural poden ser comúns ou propios individuais ou colectivos concretos ou abstractos O VERBO RAÍZ E DESINE O VERBO AS FORMAS 20
V a l o r a o q u e a p r e n d i c h e s 8 REFLEXIONA E COMPLETA no caderno coa opción que corresponda. Que che resultou máis fácil de facer na unidade? En que che gustaría mellorar na seguinte unidade? Na próxima unidade esforzareime en mellorar... Nesta unidade resultoume máis fácil... comprender os textos orais. comprender os textos escritos. expresarme oralmente. expresarme por escrito. traballar individualmente. traballar en equipo. entender os contidos teóricos. resolver as actividades. 1 A g o r a e s c o l l e t i Se xa acabaches o teu traballo, escolle o personaxe que máis che gustase e realiza as actividades. DESCRIBE oralmente como é unha praia que coñezas e conta o que che gusta dela. XOGADE en parellas a escribir, nun minuto, o maior número posible de substantivos dun destes tipos: propios colectivos abstractos ESCRIBE, utilizando a linguaxe literaria, o seguinte titular relacionado co tempo no mar: Temporal con ondas de oito metros na costa. FAI un debuxo para ilustrar o que lle está ocorrendo á illa de Kiritimati, de onde veu María. COPIA seis palabras da última intervención de Brais na lectura e arrodea a sílaba tónica. EXPLICA o significado dalgunha palabra do vocabulario da unidade para que o teu compañeiro ou a túa compañeira a adiviñe. O PERSONAXE QUE MÁIS ME GUSTOU FOI… María de Kiribati Brais Carmucha, a mariscadora 21
71 A n e x o d e L i n g u a
72 CON DE EN UN cun dun nun UNHA cunha dunha nunha UNS cuns duns nuns UNHAS cunhas dunhas nunhas SINGULAR PLURAL Masculino Feminino Masculino Feminino ARTIGO DETERMINADO o a os as ARTIGO INDETERMINADO un unha uns unhas Os artigos A CON DE EN POR O ao / ó co do no polo A á coa da na pola OS aos / ós cos dos nos polos AS ás coas das nas polas As contraccións dos artigos determinados As contraccións dos artigos indeterminados
75 UNIDADE 1. Pode desaparecer unha illa? BREIXO. Ei! Ola, Sabela. Vés xogar connosco? SABELA. Grazas, Breixo, agora non. É que estou superintrigada con este libro e quero ver se o acabo. BREIXO. A ver… Como se titula? SABELA. O misterio da Atlántida. BREIXO. E de que trata, que te ten tan intrigada? SABELA. Pois fala dunha illa moi antiga, chamada Atlántida, que segundo parece desapareceu. BREIXO. Que desapareceu? Si, ho! Que pasa, que era de sal e diluíuse no mar ou que? Ha, ha, ha! SABELA. Non, sabichón. En moitos escritos antigos, mesmo de filósofos tan importantes como Platón, refírense a ela…, aínda que ninguén di onde se atopaba nin figura en ningún mapa da época. Por i so, moi tos pensan que é só unha lenda. Pero neste libro explícase que si que hai a posibilidade de que existise e desaparecese a causa dunha subida brusca do nivel do mar por mor dalgunha erupción volcánica submarina ou dalgún terremoto. BREIXO. E iso é posible? SABELA. Éche! De feito, agora estaba lendo que na actual idade tamén hai i l las que desapareceron ou que están a punto de facelo. BREIXO. Pero que dis? SABELA. Como o oes. Segundo parece, o aumento do nivel do mar, provocado polo desxeo dos polos e o quecemento global, fixo desaparecer, por exemplo, algunhas illas de Indonesia e polo menos cinco das illas Salomón, en Oceanía. BREIXO. Recoiro! E a xente que vivía nelas, que fixo? SABELA. Moitas non estaban habitadas, pero nas que si o estaban, as persoas que vivían aí tiveron que deixalo todo e marchar a vivir a outro lugar, claro… BREIXO. Miña nai! Escoita, penso que, se non che importa, deixo o balón e vou onda ti acabar de ler o libro, que é superinteresante! SABELA . Ha, ha, ha! Xa sabía que ías acabar enganchado. Pois aquí te espero! Non tardes. BREIXO. Nin un minuto! Deica agora! UNIDADE 2. De quen é o mar? VOZ EN OFF. Mar Aberto, un podcast para somerxerte nos problemas de mares e océanos. Con Mariña Veiga e Cibrán Ríos. MARIÑA. Nos últimos trinta anos, o consumo de peixe duplicouse en todo o mundo. Segundo a FAO, a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, o noventa por cento das reservas de peixes padecen sobreexplotación, é dicir, captúranse máis peixes do s que na cen e , po l o t an t o, a s poboa c i ón s non t eñen tempo de se rexeneraren. CIBRÁN. Se todo cont inúa así, moi tas das especies que forman parte da nosa dieta, como a pescada, o bacallau e o atún, desaparecerán en poucos anos. E preguntarédesvos: non hai leis que regulan a actividade pesqueira? Pois si. Desde 1982 existe a Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Mar, que contén unha serie de normas e de leis acordadas entre máis de 130 países para regular a explotación dos recursos mariños. O problema é quen se encarga de facer cumprir estas leis. MARIÑA . En principio, os países con saída ao mar son os responsables de que a explotación de recursos que se leva a cabo desde a súa liña de costa ata a uns 370 quilómetros mar aberto se faga de acordo con estas normas e leis. Aínda as í , o mar é moi to má i s extenso. . . Daque l a , que pasa coas zonas que non pertencen a ningún país, as chamadas augas internacionais? CIBRÁN. Po i s que , ao se ren augas « l i b res» , n i nguén se quere facer responsable. E iso permite que algúns barcos, de xeito ilegal, capturen alí máis peixes dos que están permitidos, mesmo especies protexidas, ou que utilizan técnicas moi agresivas co medio mariño que están prohibidas, como o uso de explosivos. MARIÑA . Solucións? Ademais de esixirlles aos gobernos do mundo qu e s e i mp l i qu e n n a p ro t e cc i ón d e ma re s e océanos, podemos intentar facer un consumo máis res - ponsable de peixe comprobando, na medida do posible, que sexan peixes capturados en augas próximas, que non se atopen en perigo de extinción e que sexan adultos. CIBRÁN. E isto é todo por hoxe. Agardamos que a información deste podcast vos resultase interesante e que volvades oírnos a vindeira semana nun novo episodio de Mar Aberto. Deica logo! MARIÑA. Aburiño! UNIDADE 3. É verdade ou é lenda? MONITORA . Bo día a todos e a todas! Por fin chegou o momento que tanto agardastes: hoxe ides facer a vosa primeira inmersión no mar! NENAS E NENOS. Ben! Fantástico! Que marabilla! MONITORA . Pero antes de mergullarnos, gustaríame facervos unha advertencia importante. Oístes falar algunha vez de Ofidia? NENAS E NENOS. Ofidia? Non. Non nos soa. Quen é? MONITORA. Ofidia é o monstro mariño máis temido polos submarinistas. Segundo contan, vive nas profundidades Gravacións
RkJQdWJsaXNoZXIy