247268

C O M P R E N D O O T E X T O 1 DI quen son os personaxes que participan na historia, onde están e que van facer a ese lugar. 2 LEMBRA que personaxe di isto e cando o di. Despois responde. Por que os demais se sorprenden cando oen falar a esta personaxe? Que quere dicir esta frase na lingua do seu país? Como se di na nosa? 3 REFLEXIONA sobre estas cuestións. Que ameazas sofre a actividade marisqueira, segundo Carmucha? Son problemas leves ou graves? Que accións propón Brais para axudar a protexer as illas? Son axeitadas? Cales engadirías ti? 4 SITÚA, coa axuda dun globo terráqueo e de Internet, onde está cada illa. Illa de Arousa Illa de Kiritimati Busca e anota información sobre as dúas illas, compáraas e comparte coa clase algúns datos de interese. 5 ESCRIBE unha definición para a expresión «refuxiado climático». 6 EXPLICA por que se titula así o relato. 7 INTERCAMBIA, cun compañeiro ou cunha compañeira, o que sabedes sobre o traballo das mariscadoras. En que consiste, cando e onde se realiza? Que tipo de utensilios e vestiario usan? Que marisco recollen e que fan con el? Buscade información sobre este oficio e comparádea coas respostas que destes. Coinciden? A p l i c a o q u e s a b e s 8 ESCOLLE E RESOLVE unha das seguintes actividades. A.  Di cal destas palabras da lectura é composta e separa os compoñentes. marisco benvida primavera B.  Copia tres grupos nominais do texto e arrodea o substantivo que funciona como núcleo en cada caso. C. Localiza no texto unha palabra aguda, unha grave e unha esdrúxula, e explica por que levan ou non acento gráfico. bibitaken kanoan boong… O b r a d o i r o d e c r e a t i v i d a d e Q U E P A S A R Í A S E . . . ? > Imaxinade, en grupos reducidos, que pode pasar na Illa de Arousa se, como se di no relato, o nivel de auga do planeta continúa subindo. Falade sobre estas cuestións. Poderíase vivir na illa? Que dificultades habería? Comentade as respostas coa clase. Credes que esta situación é posible nun futuro próximo? Por que? 10

RkJQdWJsaXNoZXIy