247268

F e r r a m e n t a s d e L i n g u a O R T O G R A F Í A Normas xerais de acentuación > Fíxate nas palabras subliñadas e clasifícaas segundo a posición da sílaba tónica. O noso planeta precisa a máxima protección Contamos contigo! 1 RISCA as dúas palabras intrusas de cada grupo e responde. Por que son intrusas? A B C 2 ESCOLLE E COMPLETA coa palabra que se axeite ao esquema proposto. Farruco, de maior, quere ser . árbitro / bombeiro Mar e eu fixemos unha viaxe en . barca / avión Aquela é moi contaminante. empresa / fábrica Paula sábeo todo sobre as . pirámides / bolboretas Debuxa o esquema das palabras que non utilizaches e despois clasifícaas segundo a posición da sílaba tónica. As palabras agudas levan acento gráfico cando son polisílabas e rematan en vogal, en vogal + -n, en vogal + -s ou en vogal + -ns (ventá, espigón, ananás, salmóns). Non levan acento gráfico cando son monosílabas; cando rematan nos ditongos ai, ei, oi, au, eu, ou, ui e iu, seguidos ou non de -n ou -s (andei, xamais, pediu); nin cando acaban nunha consoante distinta de -n ou -s (pomar, coral). As palabras graves levan acento gráfico cando rematan en consoante distinta de -n ou -s, en grupos consonánticos distintos de -ns, e tamén en ditongo decrecente seguido ou non de -n ou -s (cráter, cámping, posíbeis). As palabras esdrúxulas levan acento gráfico sempre (teléfono). Segundo a posición da sílaba tónica, as palabras poden ser agudas, graves ou esdrúxulas. As palabras agudas teñen como sílaba tónica a última sílaba. As palabras graves teñen como sílaba tónica a penúltima sílaba. As palabras esdrúxulas teñen como sílaba tónica a antepenúltima sílaba. camión areal papel marisco bióloga mañá érbedo cartel mártir cidade sardiña nube química túnel máquina océano calor fórmula A casa sombreada corresponde á sílaba tónica. 12

RkJQdWJsaXNoZXIy