247268

O R T O G R A F Í A 6 PRACTICA. Prepara un destes ditados co compañeiro ou coa compañeira. Fixádevos sobre todo nas palabras que levan acento gráfico. Acción ecoloxista Rubén , Óscar, Mónica e mais eu asistimos onte a unha conferencia sobre o cambio climático. E sabedes que? Que despois da última inter vención dunha moza científica que explicou a inf luencia do impacto ecolóxico do ser humano no desxeo da Antártida , decidimos pasar á acción e fundar unha asociación para protexer os polos. Apuntádesvos? A illa misteriosa Segundo múltiples mapas da época de Cristovo Colón , preto das Canarias, no medio do océano Atlántico, atopábase a illa de San Brandán . Esta mítica illa traía de cabeza os mariñeiros porque... aparecía e desaparecía! Na década dos 50 do século pasado, o xornal ABC publicou unha noticia sorprendente: a primeira e única foto da illa de San Brandán! Pero desde entón , ninguén a volveu ver. Será tan só unha ilusión? 1 C O M O S E P R O N U N C I A N ? Clasifica estas palabras tendo en conta como cómpre pronuncialas segundo as normas xerais de acentuación. Son agudas, graves ou esdrúxulas? alvéolo óboe chofer olimpíada elite parasito gladíolo popurrí medula réptil Le en voz alta e comenta cos compañeiros e coas compañeiras. Como as pronunciarías ti se non as leses antes? Por que cres que as pronunciarías así? 3 ACENTÚA graficamente as palabras que corresponda. Xustifica por que deben levar acento gráfico. 4 QUÍTALLES o acento gráfico ás seguintes palabras, reflexiona e responde. Teñen o mesmo significado de antes? revólver área ananás Cres que é importante colocar o acento gráfico nas palabras? Por que? 5 LOCALIZA na lectura inicial tres palabras agudas, tres graves e tres esdrúxulas. Conecta coa realidade Boa tarde, Barbara: Maña vou asistir a un congreso sobre o cambio climatico en que se vai falar do ascenso termico da auga dos oceanos. Queres vir comigo? Bicos. Marta De: Asunto: martacovas@ocorreo.gal Congreso Hai cinco! 13

RkJQdWJsaXNoZXIy