F e r r a m e n t a s d e L i n g u a G R A M ÁT I C A O substantivo Os substantivos son as palabras que nomean persoas, animais, cousas, ideas ou sentimentos. Os substantivos varían en xénero e en número. En canto ao xénero, distínguese entre masculinos, que poden ir precedidos das formas dos artigos o, os, un, uns, ou femininos, que poden levar diante as formas a, as, unha, unhas. En canto ao número, poden estar en singular se nomean un único ser ou obxecto, ou en plural, se nomean máis dun. Segundo o que nomeen, os substantivos agrúpanse en varias clases. Os substantivos comúns nomean calquera persoa, animal ou cousa dun grupo (cidade) e os propios, unha persoa, animal ou cosa concreta (Ourense). Os substantivos individuais designan en singular unha única persoa, animal ou cousa (illa) e os colectivos, un conxunto de persoas, animais ou cousas (arquipélago). Os substantivos concretos nomean cousas que se poden ver, tocar, oír, etc. (océano) e os abstractos, ideas, sentimentos, emocións, calidades, etc. (paz). > Localiza os substantivos do cartel e responde. Cales son masculinos? E femininos? En que número está cada un: singular ou plural? DA ILLA PERDIDA OS SEGREDOS H o x e á s 1 9 h o r a s Non quedes sen ver o documental... 1 ESCRIBE durante un minuto todos os substantivos que poidas. SERES COUSAS IDEAS E SENTIMENTOS 2 FAI o plural dos seguintes substantivos e indica o modelo de formación que seguen. arroz sol animal téxtil arnés abellón lareira chofer 3 OBSERVA E EXPLICA. Como se formou cada feminino? Confirma a túa explicación con outros exemplos para cada caso. señor > señora mestre > mestra irmán > irmá patrón > patroa 1. Os rematados en vogal ou -n engaden -s. 2. Os rematados en -r, -z ou -s engaden -es. 3. Os agudos rematados en -l cambian o -l por -is. 4. Os monosílabos e os polisílabos graves rematados en -l engaden -es. 14
RkJQdWJsaXNoZXIy