6 LOCALIZA no texto. Como expresa a autora estas ideas? En parellas, buscade outro exemplo de linguaxe literaria. Despois respondede: Gústavos este tipo de linguaxe? Por que? A Illa de Prata Os antigos chamábanlle a Illa das Penas de Prata . Quedaba un bocadiño lonxe e o que quería achegar - se tíñao difícil , a causa do mal xenio das augas e o poder das correntes que as abranguían afervoadamente. Só algún que outro percebeiro dos máis arriscados ía onda ela roubarlle o prezado tesouro. Desde Vilasemprín víanse agrandadas, nos días claros, as súas praias a brillar cos raios de sol como fitas de raso deitadas entre as penas. Era fermosa e resultaba misteriosa pola cor prateada das rochas nas noites de lúa que se convertían en espellos xigantes e fríos endexamais rotos polas enormes vagas de mar. Máis dun veciño pasaba horas contemplándoa ; sentía ser unha das gaivotas que aniñaban nos inaccesibles acantilados. Ao comezar a nosa hi stori a , don Orentino era a p e r s o a n om e a d a p o l o s v o t a n t e s d e Vi l a s emp r í n . Amante das festas e sorpresas, non acougou ata dar cunha idea grandiosa capaz de atraer os periodistas de todos os medios. Aconteceu unha noite mentres miraba cara á i l l a como t ant as veces f i xera . Aqu el anaco de terra prateada podía deixar de estar tan inaccesible se quedase unido a Vilasemprín por unha ponte. A idea pareceulle tan boa que empezou a berrala polo corredor mentres dona Rosalía deixaba de espantada o libro que estaba a ler. –De que falas, Orentino? –Imaxina unha longa ponte entre ela e o noso peirao, imaxina a xente, os turistas… –A illa chea de coches e de botellas de plástico e de papeis… –dona Rosalía non dixo máis nada . Mar - chou escaleiras abaixo a respirar aire puro. E alí quedou o alcalde zurrado pola reacción da muller, acabou por encoller os ombreiros e comentar : –Canto lles custa a moitos admitir o progreso… Ana María Fernández , O pirata da Illa de Prata (adaptación) 1 A. As praias teñen forma alongada. B. Hai percebes nas rochas. C. O mar bate con forza. T r a b a l l a s o b r e o t e x t o 4 RESPONDE as seguintes preguntas. Por que se chama así a illa? É unha illa accesible? Por que? Quen é don Orentino ? Que pretende facer na illa e para que? Como reacciona Dona Rosalía á proposta de Orentino? Por que? 5 PENSA E OPINA. Que cres que entende Orentino por «progreso»? 17
RkJQdWJsaXNoZXIy