Deixará de ser un lugar tranquilo. A xente poderá gozar da súa praia. O b r a d o i r o d e l i t e r a t u r a 9 BUSCA un anuncio que che guste e copia o texto. Despois, responde. Hai algunha frase que teña un ritmo ou unha sonoridade especial? Sublíñaa. Usáronse nalgún momento palabras nun sentido distinto do habitual? Como dirías o mesmo de xeito máis directo? Que efecto cres que quere provocar o anuncio? Pensas que o uso da linguaxe literaria axuda a conseguilo? Publicidade e linguaxe literaria A miúdo a publicidade utiliza a linguaxe literaria co obxectivo de emocionar as persoas espectadoras e influír no seu comportamento ou nas súas decisións. D e s c u b r e a s t ú a s e m o c i ó n s 7 PENSA E EXPLICA por que a xente de Vilasemprín sentaba a contemplar a illa. Que poderían sentir, segundo o texto? Cres que unha paisaxe pode influír no estado de ánimo? Cales son as paisaxes que che parecen máis relaxantes? Lembra unha paisaxe que che guste especialmente; explica onde está e anota os sentimentos ou sensacións que che provoca. 8 IMAXINADE E FACEDE, en grupos reducidos, unha lista de vantaxes e de inconvenientes de unir Vilasemprín e a Illa das Penas de Prata. VANTAXES INCONVENIENTES Escribe un texto breve en que expliques o teu acordo ou desacordo co plan de Orentino e como te sentirías se foses un habitante de Vilasemprín. 18
RkJQdWJsaXNoZXIy